Foz, 27 de abril de 2015. A pista de skate situada na zona portuaria de Foz está aberta de novo dende este luns, despois das obras de reparación executadas nesa instalación deportiva con fondos propios do Concello focense, que fixo un investimento de 10.000 euros.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, informou “a todos aqueles, rapaces e non tanto, que usan a pista de skate, que dende hoxe está de novo aberta, porque fixéronse obras de mellora, sobre todo nas ramplas e demais mobiliario, que estaba nunhas condicións bastante malas, fundamentalmente nas xuntas, pero tamén había descascados e incluso fochas que eran perigosas para a actividade do skate. E quedamos ben contentos do resultado final das obras porque se remataron moi ben todas as xuntas, que era o máis difícil, e déuselle unha capa de pintura con resinas que fai que o pavimento estea en moito mellores condicións. O que nos desexábamos era que todos aqueles skaters que usan esa pista poidan facelo nunhas mellores condicións”.
O rexedor municipal tamén explicou que “a pista levaba moito tempo sen facerlle reparacións, pero agora foi posible acometer esta obra grazas á estabilidade económica que ten hoxe en día o Concello de Foz e porque se aprobaron uns orzamentos para este ano 2015 que permiten que se fagan investimentos en diferentes lugares que non podían acometerse mentres non houbera uns orzamentos actualizados. Hai que recordar que durante todos estes anos anteriores estivemos traballando cuns orzamentos prorrogados posto que non había maioría na corporación municipal para aprobalos. E agora estamos contentos porque se están facendo unha serie de obras que eran completamente necesarias e grazas a esa estabilidade económica que ten agora o Concello de Foz, sen débedas cos bancos e pagando aos provedores, poden acometerse certos investimentos en infraestruturas como son neste caso instalacións deportivas para o skate, pero estase arranxando tamén a pista do Campo da Cabana, vanse facer ademais melloras no alumeado do campo de fútbol municipal e unha beirarrúa perimetral demandada por todos os colectivos. E vamos tratar tamén de dotar ao pavillón municipal dun novo marcador, xa que o actual leva moitos anos nunhas condicións bastante malas e isto é algo que nos demandan os clubs que o usan”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



