Alfoz, 27 de abril de 2015.- En Alfoz, por condicionamentos de axenda, celebramos o Día do Libro o luns 27 de abril. Foi no Salón de Actos da Casa da Cultura e contamos coa presenza de Sarabela Teatro, que nos representou a súa obra “Camilo Comilón”, dentro do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Asistiron todos os alumnos do Colexio Castro de Ouro e os seus profesores. Sarabela Teatro, a través da historia dun porquiño ó que lle gustaba moito comer mostrounos a importancia dos contos e da lectura.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



