Santiago, 29 de abril de 2015.- A XVI edición da Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar abordará á incidencia da normativa comunitaria na actividade pesqueira e a protección das xentes do mar, no marco das XXII Xornadas Técnicas. Así o destacou este mércores a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na presentación deste certame, que terá lugar do 14 ao 17 de maio na localidade luguesa de Burela.
Rosa Quintana salientou que estas xornadas técnicas abordarán, nun primeiro piar, o programa operativo español e as obrigas de desembarque, o sistema de TAC e cotas e a visión que o sector ten da normativa comunitaria.
Nun segundo bloque exporanse as inquedanzas do sector relativas á protección e seguridade dos traballadores do mar, analizando os sistemas de protección social e a existencia dun servizo de salvamento e loita contra a contaminación.
A conselleira destacou a importancia desta feira, que se converteu nun referente para a náutica pesqueira de todo o país, onde participan autoridades do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, técnicos do Instituto Español de Oceanografía, representantes doutras comunidades autónomas e as Federacións de Confrarías. Rosa Quintana remarcou tamén o carácter profesional do XVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, onde se debaten as necesidades e demandas do sector.
Expomar
O obxectivo xeral desta feira é a promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro. Para este fin organízase un amplo conxunto de eventos coincidentes sempre cos intereses do sector do mar, que pasan pola súa promoción, formación e información. Ademais dáse mostra dos avances tecnolóxicos para a mellora da competitividade, realizando toda clase de actividades relacionadas co mundo do mar.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



