Viveiro, 11 de maio de 2015.- O departamento de Ciencias Naturais do IES Vilar Ponte organizou o pasado día 8 de maio unha visita ás instalacións do Grupo de Medicina Xenómica, o IDIS (Instituto de Investigacións Sanitarias) e o CEGEN (Centro de Xenotipado) ubicados nas dependencias do CHUS, en Santiago de Compostela. Nesta actividade participaron os alumnos de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato do centro.
Alí, acompañados polo Dr. Carracedo, Catedrático e Director do Instituto de Medicina Legal de Santiago, e pola Dra. María García Murias, exalumna do centro, puideron coñecer de primeira man todos os procesos que conleva a investigación científica. Durante a visita recibiron as explicacións das diferentes liñas de investigación por parte dos responsables das mesmas, científicos, en moitos casos, de referencia tanto nacional coma internacional.
A excepcional relación do IES Vilar Ponte co doutor Carracedo remóntase ao curso pasado, cando impartira no centro vivariense unha conferencia sobre “A xenética e as súas aplicacións”, conferencia que tivera unha moi boa acollida entre os alumnos.
Xa pola tarde visitaron o Museo de Historia Natural na súa nova ubicación nos xardíns de Vista Alegre, onde puideron observar as completísimas coleccións sobre a biodiversidade terrestre e mariña, solos e xeodiversidade.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



