A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou a resolución que permitirá a outros 86 participantes no Ben Empregado! acceder aos seus novos postos de traballo a vindeira semama. Estes veñen a sumarse aos 70 que xa están incorporados ao mercado laboral, de xeito que son 156 os lucenses desempregados beneficiarios deste plan. Os 92 restantes incorporaranse nos próximos días, cando a Xunta de Goberno do día 22 de maio aprobará, previsiblemente, a resolución coa que se porá fin á primeira fase do que é o 4º macroproxecto de fomento do emprego posto en marcha pola Deputación nos últimos catro anos.
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que ata un total de 248 lucenses comezarán a traballar en empresas, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro de toda a provincia por un período dun ano e “con contratos de calidade e con vocación de continuar no tempo”. Todos eles recibirán, antes de incorporarse aos seus novos postos de traballo, unha xornada de formación na Deputación.
En canto ás 86 empresas e entidades que recibirán a estes traballadores atópanse, nesta ocasión, explotacións agrogandeiras; estudos de enxeñería; inmobiliarias; asesoramento legal; axencias de viaxes e empresas adicadas ao turismo; conserveiras; empresas do sector metalúrxico; negocios de venda de materiais de construción, etc.
Convenios por máis de 300.000 euros
Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno de hoxe foi a aprobación de varios convenios con diferentes asociacións da provincia, por valor de máis de 300.000 euros.
En canto aos convenios asinados, son os seguintes:
– coa Asociación de Veciños de Sargadelos, do Concello de Cervo, por importe de 39.000 euros, para a mellora da estrada Camiño dos Currás e a colocación de varandas na rúa da Igrexa e na rúa das Lobeiras.
– coa Agrupación Veciñal da parroquia de Loureiro, no Concello de Samos, por 31.550 euros, para o abastecemento de auga a vivendas e explotacións dos lugares de Lamartín, Vilaceite e Lourido.
– coa Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta, en Cospeito, por importe de 22.184 euros, para o peche do cemiterio, así como o soterrado de alumeado público e cable telefónico.
– coa Asociación Cultural e Medioambiental As Calzadas, de Guitiriz, por importe de 35.000 euros, para o abastecemento de auga en Corbite de Abaixo; o arranxo do camiño de Sandiño e Lagoa a Xestoselo, e melloras no cemiterio e nos arredores da igrexa de Buriz.
– coa Asociación de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo, por importe de 100.000 euros, para a compra de instalacións.
– coa Asociación Carballeira de Nadela, por importe de 48.394 euros, para a delimitación de dita zona verde, a construción dun cobertizo para a venda de pulpo e a canalización de augas.
– co Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde-CERCUD, por valor de 39.000 euros, para a construción dunha pasarela peonil sobre o río Parga.
Mellora de estradas provinciais
Tamén se aprobou en Xunta de Goberno a contratación de obras de mellora en estradas provinciais de 16 Concellos de toda a provincia, por valor de case 3 millóns de euros. Estas obras responden ás peticións veciñais, posto que o 15% dos máis de 55.000 veciños participantes na elaboración dos Orzamentos Participativos 2015 consideraron prioritarios os investimentos en infraestruturas.
Estas obras, aprobadas o pasado 10 de abril, supoñen a mellora de máis de 45 quilómetros, nos que se aplicará aglomerado en quente e se reforzará a sinalización en preto de 14 quilómetros en estradas de Alfoz, O Valadouro, A Pontenova, Foz e Barreiros; 6 quilómetros en Pol e Lugo; 14 quilómetros en Cervantes, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Baralla e Navia de Suarna, e 12 quilómetros en Monterroso, O Saviñao, Sober e Antas de Ulla.
A estas actuacións hai que engadir un Plan de Mellora de accesos ás praias da Mariña, tamén aprobado hoxe. Tal e como destacou Martínez, estas actuacións teñen que estar realizadas o antes posible para evitar maiores trastornos aos usuarios, tendo en conta que “de cara á chegada das altas temperaturas e á tempada de verán, aumenta considerablemente a intensidade do tráfico nestas vías”. Son 401.126 euros para actuar en 6 estradas provinciais nas que se acondicionarán os accesos ás praias de Altar e Reinante, en Barreiros; á de Llas en Foz; á dos Castros en Ribadeo; e ás de Xilloi e Abrela no Concello do Vicedo, malia que no caso deste último areal actuarase no tramo que discorre polo Concello de Viveiro, xa que no do Vicedo xa se actuou con anterioridade.
Outros asuntos
Igualmente foi aprobada a cesión dunha edificación tradicional no Vilariño dos Cregos, na parroquia dos Vilares, e que pertenceu á casa natal de Díaz Castro para construír un Centro de Interpretación que complementará a “Ruta da Pedra de Díaz Castro”, así como os pregos que rexerán a venda do leite da Granxa Gayoso Castro.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



