Xove, 15 de maio de 2015.- Outro fin de semana cheo de actividades deportivas, Fútbol Sala, Fútbol 8, Patinaxe Artística, Xadrez e Sendeirismo.
Fútbol 8: Categoría Benxamin (Copa)
Sábado día 16 de Maio no Campo Municipal de A Magdalena de Vilalba as 10:45h.
RACING VILALBÉS A. – ACD.XOVE F8
Fútbol 8: Categoría Alevin (Copa)
Sábado día 16 de Maio no Campo Municipal de O Cembedo de Viveiro as 10:45h..
EF. VIVEIRO A – ACD.XOVE F8
Fútbol Sala(Copa da Liga Pre-Benxamin de A Mariña.)
Domingo día 17 de Maio, no Pavillón Municipal de Viveiro
*Pre-Benx. 2008: as 17:00h.
ACD.XOVE F.S. – CFS.CIDADE DE VIVEIRO
Fútbol Sala(Copa da Liga Escolar de A Mariña. Categoría Benxamin)
Sábado día 9 de Maio, no Pavillón Municipal de Barreiros. (Fase de grupos)
ás 14:00h. ACD.XOVE F.S. – C.P. O PILAR
ás 16:15h. ACD.XOVE F.S. – ED.LOURENZA
XADREZ
O sábado día 16, pola mañan, a Escola de Xadrez, organiza o IIº Torneo de Xadrez Pre-Benxamin ACD.XOVE.
Neste Torneo participaran os nosos alumnos da Escola de 6 e 7 anos, e tamén mais de medio centenar de nenos-as de outras Escolas de A Mariña. O Torneo celebrarase na Sala Multideportiva Municipal de 10:00h. a 12:00h. da mañan.
PATINAXE ARTISTICA.
O Domingo día 17 os equipos de competición de Patinaxe Artisco, desprazaranse a Chantada para participar na Gala Municipal de Patinaxe Artistica, Chantada -2015. en Modalidade Show. Os grupos serán Os Indios, Os Cisnes Negros e As Panteras. En total 30 patinadores , mais delegados e pais de alumnos, que o desexen, serán os que se despracen a Chantada.
SENDEIRSIMO
O Grupo de Sendeirismo desprazarase o domingo día 17, a Fonsagrada (Lugo) para facer a Ruta ” O Camiño da República”
Ruta: “O Camiño da Republica”.- Distancia: 18 km.- Dificultade: Media-Baixa.- Saída en Autobús: dende o Centro Civico de Xove..- Hora: 8:00h,. da mañan.
Prezo:
Socios Federados: 12.-€
Socios con Seguro Deportivo: 14,.€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios con Seguro Deportivo: 17.-€
Comida: Bocatas (por conta propia)
Información e Inscricions:
Piscina Municipal de Xove ou no telefono 618 97 61 59
Data tope: 14 de Maio as 10 da mañá.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
