Ribadeo, 19 de maio de 2015. O programa de goberno dos socialistas de Ribadeo inclúe a creación dun padroado municipal de festas e dun plan director de instalacións deportivas. O alcaldable do PSdeG-PSOE -Roberto Ramos Piñeiro- explicou que “elaboraremos un plan director de instalacións deportivas, que sirva de folla de ruta para os seguintes aspectos: a distribución equilibrada dos investimentos en equipamentos deportivos, o aproveitamento axeitado do medio natural, a construción de novas instalacións públicas e a modernización en mellora das actuais, así como o establecemento de convenios ou acordos sobre equipamentos deportivos privados”.
E é que, subliña, á hora de acometer investimentos debe primar a rendibilidade deportiva e social das mesmas. “Investir obtendo máis metros cadrados para a práctica deportiva e que cubra as necesidades de máis disciplinas. Este criterio non é o que se seguiu ata este momento” indica.
Neste senso, o candidato socialista engade que tamén crearán unha zona polideportiva de actividade non regrada para cubrir as necesidades do sector xuvenil. “Queremos máis espazos deportivos para dar impulso a maior variedade de disciplinas”, afirma. Asimesmo, se acadan a confianza dos cidadáns nas urnas,impulsarán a integración dos espazos escolares, especialmente como recurso para a organización de equipos e escolas deportivas; e en especial para actividades que propicien a participación de mozos en situación de exclusión, marxinal e risco, ademais de potenciar tamén o deporte feminino.
“Concello cardioprotexido”
O alcaldable, avanza, ademais, que “seremos un concello cardioprotexido, con desfibriladores nas dependencias municipais e nos centros deportivos; formarase ao persoal municipal e aos monitores deportivos en materia de primeiros auxilios”.
Roberto Ramos tamén anuncia a creación dun padroado municipal de festas, que estará integrado por membros do equipo de goberno, técnicos municipais, representantes da hostalería e do comercio e veciños. Ese padroado xestionará o funcionamento das comisións de festexos e supervisará os seus recursos e contas. “Cremos que é necesario un control e seguimento de todas as comisións que reciben subvencións municipais, polo que deben ter as súas contas claras. Ademais coa constitución deste padroado poderán aproveitarse mellor as sinerxías entre as distintas comisións e optimizar mellor os seus recursos”, conclúe.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



