A Mariña, 21 de maio de 2015.- A responsable comarcal do BNG, Ana Ermida, pide aos veciños e veciñas da Mariña “que confíen no BNG para os gobernos dos seus concellos” e afirma que “o Bloque é neste momento unha forza en ascenso na Mariña e quedará demostrado este domingo en moitos concellos da comarca”. Ermida prognostica “un bo resultado” para o BNG na comarca porque, di, “moitos cidadáns e cidadás da Mariña queren que o Bloque estea nos gobernos dos seus concellos porque saben que cando está o Bloque o Concello funciona”, afirma.
“O BNG é unha forza política de referencia e claramente en ascenso na comarca da Mariña porque os veciños e veciñas saben que a xente do Bloque somos de fiar e somos unha garantía para os Concellos da Mariña, unha garantía de seriedade, transparencia, honradez e bo goberno para todos os Concellos e demostrámolo”, afirma a responsable nacionalista que pon como exemplo os gobernos do Bloque de Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto.
Ana Ermida destaca que “as perspectivas para o BNG son boas” e di que “é algo que nestes 15 días de campaña palpamos con claridade”. Os nacionalistas fixeron na Mariña unha campaña centrada nos principais problemas e necesidades da comarca, como a sanidade ou as infraestruturas e puxeron en valor o traballo do Bloque tanto nas alcaldías nas que goberna como desde a Vicepresidencia da Deputación. O Bloque mantivo o seu discurso para os concellos centrado na defensa dos servizos públicos fronte aos recortes acometidos polos gobernos do Partido Popular e no impulso á democracia e a transparencia para poñer os Concellos ao servizo dos veciños e veciñas.
“Está en xogo que a Mariña siga contando na Deputación”
O BNG preséntase ás eleccións deste domingo na comarca da Mariña co obxectivo de mellorar os resultados acadados hai catro anos, nos que os nacionalistas conseguiron máis de 10.000 votos na comarca, unha porcentaxe próxima ao 20%, 35 concelleiros, un deputado provincial, o actual vicepresidente da Deputación Antonio Veiga, e as alcaldías de Ribadeo, Mondoñedo e Riotorto.
A responsable do Bloque na Mariña afirma que “ademais de estar en xogo os gobernos dos concellos, está en xogo tamén este domingo que a Mariña siga contando no Goberno da Deputación” e lembrou que “a nosa comarca estivo completamente esquecida durante décadas cos gobernos do PP na Deputación e só coa presenza do Bloque e de Antonio Veiga como Vicepresidente da Deputación comezou a estar presente”. “Nunca tanto se fixo na Mariña desde a Deputación como nestes anos nos que leva o Bloque”, afirma Ana Ermida.
O BNG pechará a campaña con actos en Viveiro, Foz, Riotorto, Cervo, Barreiros e Ribadeo
O BNG fixo unha campaña “intensa e centrada na comarca”, que pechará mañá con actos en Viveiro, Foz, Riotorto, Cervo, Barreiros e Ribadeo e na que “os protagonistas e as protagonistas foron os candidatos e candidatas do BNG”. A responsable comarcal do BNG destaca “o compromiso das persoas que integran as candidaturas do BNG” e explica que “a frescura e a presenza da mocidade son protagonistas nas listas do Bloque na Mariña”, onde das máis de 200 persoas que integran as candidaturas nacionalistas máis da metade son persoas independentes que non militan no BNG e en moitos casos que nunca participaran en política.
Pola contra, Ana Ermida critica “os vellos métodos políticos do PP” e di que nestes 15 días houbo “unha sobredose de conselleiros e cargos da Xunta na comarca e mesmo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que tivo totalmente esquecida á comarca estes anos e ven agora a pedir os votos”. “Moi mal deben pintar as cousas para o PP na comarca da Mariña que Feijóo e os seus conselleiros non saían daquí”, conclúe.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



