A CIG-Saúde denuncia a modificación do calendario de vacinación infantil que se vén de comunicar vía circular aos centros de saúde, diante do desabastecemento provocado polas multinacionais farmacéuticas. María Xosé Abuín, secretaria nacional, considera que no canto de denunciar a actitude dos laboratorios, a consellaría “dobrégase á súa tiranía” priorizando os seus intereses aos das e dos doentes.
Segundo explicou Abuín en rolda de prensa a modificación do calendario de vacinación vén provocado polo desabastecemento a nivel mundial por parte dos dous laboratorios que elaboran a vacina pentavalente (Difteria, Tétanos, Tos Ferina, Polio, Haemophilus e Meningococo) e a trivalente (difteria, Tétanos, tosferina). Con este cambio a consellaría substitúe a pentavalente, que se administra aos 4 e 18 meses, pola hexavalente que inclue a Hepatite B, e retrasa a trivalente, que se administra aos 6 anos, ata que se dispoña de existencias.
Ante isto, Abuín lembrou que ”o calendario de vacinas está deseñado por profesionais da sanidade pública” e denunciou que o que se está facendo é mudalo por outro “que impón a industria farmacéutica”.
A este respecto, a pediatra Marian Rodríguez, sinalou que o desabastecemento con algún medicamento sempre foi algo puntual pero “nos últimos tempos é algo habitual”, até o punto de que onte, na páxina do Ministerio, informábase de 188 medicamentos desabastecidos.
Ao desabastecemento de vacinas engadiu o desabastecemento que, de xeito recorrente, hai de antibióticos en suspensión que se utilizan para o tratamento habitual de infeccións de nenos e nenas pequenas. Unha situación que, segundo explicou, provocou que a Asociación Española de Pediatría tivera que publicar protocolos alternativos porque os tratamentos de elección non estaban no mercado. “O segundo tamén chegou a desaparecer e houbo que recorrer a un terceiro moito máis caro. Non pode ser que dependamos de que as farmacéuticas nos dispendesen os medicamentos que precisamos ou non”, afirmou.
Vacinas para adultos
Respecto das vacinas para adultos, sinalou que hai situacións nas que é precisa a súa administración, sobre todo cando teñen outra enfermidade que vai supor unha inmuno supresión, por exemplo en caso de doentes con enfermidades crónicas que precisan tratamentos biolóxicos. “Sábese que van provocar un problema de inmunidade e previo á súa administración póñenselles as vacinas porque se sabe que van ter alto risco de contraer certas enfermidades”.
Segundo Rodríguez por mor deste desabastecemento hai que atrasar o tratamento para a enfermidade crónica, até que cheguen as vacinas e en función de cantas cheguen, coas consecuencias que ten para a calidade de vida do/a doente.
Problemas coa tuberculina
Xunto a isto, na rolda de prensa denunciáronse tamén os problemas de abastecemento, desde hai aproximadamente un ano, de tuberculina, necesaria para facer as probas diagnósticas da tuberculose.
Segundo explicou Miriam Rodríguez, esta proba podía realizarse antes en atención primaria ou nos hospitais pero agora está tan controlada a cantidade que, para non desperdiciar nin unha pinga, tivo que centralizarse o seu uso obrigando ás/aos doentes a desprazarse ás UTBs ou hospitais comarcais.
Investigación e fabricación de medicamentos no sistema público
Para a secretaria nacional da CIG-Saúde, con esta decisión a consellaría sitúa os intereses das farmacéuticas por enriba dos intereses dos doentes. “O que queren as farmacéuticas é ter un control absoluto sobre as enfermidades e os tratamentos poñendo no mercado os medicamentos que queren e ao prezo que queren. O que din os gobernos sobre a insostibilidade do sistema sanitario público vén provocado polo incremento do prezo dos medicamentos e non por outras razóns”, asegurou.
Por iso, para a CIG-Saúde o goberno galego ten que instar ao goberno central e se este non ten competencia, á propia Unión Europea, para “saltarse as patentes e comezar desde xa a fabricar os medicamentos que necesita a poboación e non o que marca a farmaindustria”.
Para isto a CIG-Saúde demandou que se incremente a investigación pública para que se poidan fabricar os medicamentos con patentes públicas superando así o somentemento aos ditames destas empresas multinacionais.
Ademais, preguntada polas xornalistas respecto da vacina do meningoco B, María Xosé Abuín declarou que “a solución non pode ser a súa dispensación en farmacias. Ten que formar parte do calendario de vacinación infantil e dispensarse nos centros de saúde. O contrario é limitar o seu acceso a quen poida pagala”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



