Madrid, 22 de maio de 2015.- O Consello de Ministros autorizou este venres o uso hoteleiro das antigas instalacións do faro de Illa Pancha, pertencente ao dominio público portuario afecto ao servizo de sinalización marítima, adscrito á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
O acordo do Consello de Ministros, que conta co informe previo de Portos do Estado, así como da Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo e a Dirección Xeneral de Sostibilidade da Costa e do Mar, se enmarca dentro do proxecto “Faros de España”, posto en marcha por Portos do Estado, co apoio do Ministerio de Fomento.
O proxecto ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento dese tipo de actividades nos nosos faros, como é práctica habitual noutros países do mundo, dende Estados Unidos, Chile, Sudáfrica, Australia, e a maioría dos países europeos, co fin de poñer en valor estes enclaves como elemento dinamizadores do turismo. Así, na actualidade, as Autoridades Portuarias españolas están a valorar e tramitando unha decena de proxectos para usos hoteleiros, que nos próximos meses poderían estar aprobados.
Non obstante, dos 187 faros existentes en España, unha cincuentena deles xa están a ser utilizados para outros usos alternativos, co consenso doutras administracións territoriais, como centros de interpretación da natureza, salas de exposicións, etc., facendo compatible a súa utilidade técnica co aproveitamento social.
O proxecto sometido a tramitación pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para o uso como aloxamento no antigo edificio do faro de Illa Pancha (2 estanzas adaptadas á edificación existente), que contou co asesoramento técnico e administrativo de Puertos do Estado, non implica ningunha limitación á prestación do servizo de sinalización marítima e limítase ao espazo dispoñible, en réxime de concesión, sen que o edificio do antigo faro sufra alteración ningunha.
O edificio sobre o que se desenvolvería a actividade para a que se solicita a autorización está situado na Isla Pancha, á entrada da ría de Ribadeo (Lugo).
Deseñouse como luz “local” de 6ª orde, dando comezo as obras no ano 1857. A construción consistiu nun edificio de planta cadrada e 128 m2 de superficie, en cuxo centro se levanta unha torre, tamén cadrada de 3,5 metros de lado e 6,7 metros de altura, rematada con un balconcillo de ferro forxado e unha pequena torre grande octogonal que soporta a lanterna hexagonal de cristais planos. O seu primeiro arranque foi o día 30 de decembro de 1860, proporcionando luz fixa vermella cun alcance de 9 millas náuticas. En 1980 construíuse un novo faro, consistente nunha torre illada con lanterna de montantes inclinados, e con alcance de 21 millas náuticas, entrando en servizo o día 1 de outubro de 1983, e quedando o antigo faro sen actividade.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



