As da Mariña saíron en avalancha sobre a portería do Ordizia. Tras unha magnífica ocasión nos primeiros compases, de Claudia asistida por Peque, que freou o corpo de Itziar, xa no primeiro minuto, Gaby subiu o 1-0. O continuo perigo galego sobre as filas das de Guipúscoa non atopaba os seus froitos, con Maite, que non puido controlar o esférico na área visitante no 5 e Paula, no 8, rozando o pau. Con todo Bea si soubo aproveitar a súa oportunidade no 11, de rexeite. Con 2-0, Peque, cun mísil no 14, e Cris, asistida por Claudia, dispuxeron das mellores oportunidades locais para ampliar distancias antes do descanso.
As laranxas volveron á pista dominando o xogo. Tras o 3-0 anotado xa no minuto 21 por Maite, de picada, Ordizia apostou polo xogo de cinco adiantando á meta Itziar sen complicacións para Patri. No minuto 27, o pase cruzado de Gaby non atopou resposta na área visitante, e no 29, con porta baleira, o disparo de Claudia topouse coa defensa de Guipúscoa. Superado o ecuador da segunda parte, as de Lucas non cesaron no seu empeño de ampliar a fenda; no 31 Claudia e no 33 Gaby estreláronse contra a porteira, no 32 o pau freou o lanzamento raso de Peque. Patri resolveu sen problemas a mellor ocasión das do Ordizia, nas zapatillas de Olatz (minuto 38). A falta de 52 segundos, Gaby non puido aproveitar a porta baleira cun balón demasiado alto. Paula e Bea tamén intentaron incrementar a renda laranxa ao final sen éxito.
Vista Alegre pecha o pano de 2014-15 con tres puntos máis. A noticia negativa da xornada protagonizouna Peque; a pichichi burelista pode sufrir unha escordadura tras unha mala pisada nos últimos minutos do encontro.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Cris, Claudia, Peque, Gaby, cinco inicial; tamén xogaron Maite, Paula, Bea Mateos
Ordizia KE: Itziar, Ane I. Insausti, Irati, Miriam, Ainara, cinco inicial; tamén xogaron Olatz, Maite, Ane, Sarah
Goles: 1-0, minuto 1, Gaby; 2-0, minuto 11, Bea Mateos; 3-0, minuto 21, Maite
Árbitros: Castro Bermúdez // Corral Martínez (Lugo)
Tarxetas: Por Ordizia amarela a Miriam (minuto 21), Itziar (minuto 38)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 29 de Primeira División disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
