Santiago, 1 de xuño de 2015.- Os populares galegos veñen de solicitar formalmente ao Goberno central que flexibilidade a actual obriga de portar un botiquin tipo C nas embarcacións pesqueiras de baixura. O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, dá conta da formulación dunha proposición non de lei no Parlamento galego que recolle esta reclamación, defendida desde a propia Xunta e polos profesionais da pesca que desenvolven a súa actividade no interior das rías galegas
Balseiro xustifica esta petición dado que a actividade destas embarcacións se realiza nas proximidades da costa, usualmente en distancias menores de 5 millas náuticas, polo que portar un botiquín destas características, con ata 26 medicamentos diferentes segundo o seu principio activo, así como de 24 aparellos ou materias médicos e cirúrxicos, podería considerarse superfluo ou desproporcionado, debido á inmediatez coa que se ten opción de conseguir asistencia médica, ou mesmo perigoso, ante unha posible mala praxe na súa dosificación e manexo.
LIÑA DE AXUDAS DO ISM
Balseiro si quixo aclarar que, na actualidade, e trala imposición desta obriga legal por parte do Goberno central, o Instituto Social da Mariña (ISM) puxo en marcha unha liña de axudas específicas para apoiar aos profesionais do mar que teñen que adquirir estes botiquíns ou, nalgúns casos tamén, é a propia mutua quen facilita este material. Con todo, insiste en que, por coherencia coa experiencia adquirida na aplicación desta norma, sería aconsellable reconsiderar si un botiquín tan complexo como o de tipoloxía C é o máis axeitado para o seu uso nestas embarcacións de baixura e, precisamente, este é o obxectivo perseguido polo novo acordo parlamentario que os populares galegos pretenden promover.
OBRIGA LEGAL
Balseiro lembra que as especiais características da actividade marítimo-pesqueira determinaron a necesidade de establecer medidas de prevención e protección da saúde dos traballadores do mar, especialmente cando se atopan embarcados e afastados dos medios sanitarios dispoñibles en terra. Nese contexto debe entender a aprobación do Real Decreto 568/2011, do 20 de abril, que modifica a normativa vixente en materia de condicións mínimas sobre a protección da saúde e asistencia médica dos traballadores do mar.
Esta norma clasifica como buques de “categoría C” aqueles que realicen navegación ou pesca marítima ata as 60 millas do porto máis próximo, realicen travesías integramente dentro das augas interiores (rías, radas ou baías) ou non dispoñan de máis instalacións que unha ponte de mando. Conforme á citada normativa, estas barcos deberán levar o botiquín tipo C, segundo a dotación incluída no Anexo II, o que obriga a estas embarcacións a estar dotadas, volve a lembrar, de ata 26 medicamentos diferentes segundo o seu principio activo, así como de 24 aparellos ou materias médicos e cirúrxicos engadidos.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



