RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destacou que despois do pleno ordinario, celebrado no día de onte, se estudará o sistema da zona hora implantado no entorno da Praza de Abastos e que convocará a tódolos grupos municipais cando se teña lista unha proposta consolidada igual que se fará coa ordenanza do cemiterio municipal. Ademais aprobouse a moción sobre a gratuidade dos libros de texto e fixáronse as festas locais para o vindeiro ano 2010.
O rexedor ribadense explicou que “no pleno ordinario de onte reinou un tono cordial entre tódolos grupos da corporación, foi un pleno moi participativo, onde se tomaron unha serie de acordos, penso que importantes e ademais contou con que tódolos grupos, incluso dentro do apartado de mocións, que presentaron as súas propias, uns cederon para que puideran ser aprobadas por unanimidade e dende o goberno tamén se aceptaron unha serie de suxerencias”.
Fernando Suárez sinalou que “ademais de explicar tódolos camiños que, a través do Plan Estratéxico de Infraestructuras de Medio Rural, vamos facer agora en pouco tempo coa colaboración importante da Consellería de Medio Rural, fixamos as festas locais para o ano 2010, que van ser o día de San Roque e o día da Patrona, e tratamos as licencias de primeira ocupación ás que nos temos referido en outros momentos con tódalas garantías e as cuestións que os técnicos municipais nos advertiron para dar unha primeira ocupación parcial dun edificio daqueles nos que o construído non se axustaba á licencia concedida orixinariamente con todas as precaucións, garantías e os avais que tivo que depositar o construtor”.
Suárez afirmou que “foron unhas seis mocións as que se trataron, houbo algunhas que sumaron os votos do PSOE, do BNG, de UPRI, outras sumaron a unanimidade e logo houbo outro grupo que se pretende apuntar a tódolos bandos, un grupo moi singular que temos aquí no Concello de Ribadeo. Eu creo que debo destacar esta moción que se aprobou sobre a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio facendo unha chamada de atención á Consellería de Educación actual polo sistema que acaba de incorporar para este ano no que soamente van ter acceso á gratuidade unha parte moi pequena da poboación dado que os marxes de ingresos económicos que fixan son tan baixos que só prácticamente aquelas familias que estean, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, no grao da pobreza poderán acceder a estas axudas. Nós entendemos que servizos públicos universais, como deben ser a sanidade ou a educación, son servizos onde non deben facer este tipo de restriccións económicas que o Partido Popular na Xunta está levando adiante”.
Fernando Suárez engadiu que “outra das mocións, que creo que é positiva, foi unha proposición de urxencia que fixo o PSOE, para que estudiara o sistema de zona hora que temos implantado no que é o entorno da Praza de Abastos de Ribadeo, chegamos a unha transacción con tódolos grupos de que eu como alcalde, á vista de que leva practicamente un ano funcionando e que hai algunhas cuestións que quizáis se poidan mellorar, se poidan corrixir, quedei en convocalos dentro dun tempo cunha serie de propostas igual que quedamos en convocalos cando teñamos lista unha proposta máis consolidada do que é a ordenanza do cemiterio municipal de Ribadeo e Ove. Despois unha serie de rogos e preguntas que, coma sempre, se foron contestando case todos no mesmo momento”.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



