3 de xuño de 2015.- Un ano máis ADEGA organiza a IV Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos. Será este 5, 6 e 7 de xuño. Consulta, datas, lugares, descarrega o protocolo de limpeza… Morte ao plástico!
28 praias e case 40 entidades
Con motivo do día Mundial dos Océanos, ADEGA organiza a IV Limpeza Simultánea de praias. Con esta convocatoria ADEGA dá continuidade ás limpezas realizadas en 2012 , 2013 e 2014 que sumaron centos de persoas neste día de reivindicación e voluntariado ambiental.
Este 2015 son 28 praias nas que haberá algunha actividade de limpeza esta fin de semana, participando case 40 entidades de moi diversa índole. Centros de ensino, asociacións ecoloxistas, concellos, entidades ambientais, fundacións, asociacións veciñais, de mariñeiros/as etc. participan nesta xornada de voluntariado e concienciación ambiental.
Sensibilizar sobre a problemática do lixo mariño
O obxectivo é claro: dar a coñecer a problemática ambiental do lixo mariño que afecta a todos os mares e océanos do planeta.
As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Ben ao contrario, son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cais son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema.
Desde ADEGA editamos un Protocolo de limpeza de praias que se reparte entre as persoas participantes na xornada. No protocolo explícase de xeito sinxelo cais son os pasos a seguir antes, durante e logo da limpeza, para unha actuación ecolóxica. Ademais no protocolo faise fincapé noutros aspectos importantes dos ecosistemas litorais que deben ser coñecidos polos voluntarios e voluntarias que participen nesta actividade.
As praias, moito máis que area
As praias son espazos sensíbeis que acubillan unha interesante e fráxil biodiversidade. O voluntariado evitará en todo momento pisar as dunas (naquelas praias nas que todavía exista este ecosistema) xa que contribúe ao seu deterioro e afecta á súa estabilidade e as fráxiles especies que alí habitan.
Por iso só retiraremos o material plástico e de orixe humana. Moitas praias están cubertas de algas, indicadoras da riqueza, biodiversidade e produtividade dos nosos fondos mariños. O argazo non é lixo, é o alimento de moitas especies que á súa vez serven de alimento a outras moitas. Por iso recolleremos os residuos antrópicos respectando a diversidade natural do ecosistema.
Un habitante moi especial
A píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) é un pequeno paxaro en situación de ameaza nas nosas costas, do que quedan moi poucas parellas en Galiza, polo que debemos protexelas. Esta ave aniña na parte alta da praia e os seus ovos están moi ben camuflados na area, polo que ao camiñar pola praia corremos o risco de pisalos.
Por iso non realizaremos ningunha limpeza en praias que estean consideradas como “áreas prioritarias de conservación” da píllara. Porén, existen praias que poden ser áreas potenciais para o aniñamento desta especie, e nas que faremos un seguemento especial comprobando previamemnte a presenza de niños. De feito noutras edicións da limpeza atopamos novas localizacións que contrinuiron a un millor coñecemento e protección desta especie en Galiza.
No caso de avistarmos algunha píllara os grupos de voluntariado poderán observar esta ave e recibirán a información precisa para coñecer un dos nosos tesouros naturais. A realización de limpezas manuais e de actividades de educación ambiental son algunhas das recomendacións do Plano de Conservación da Píllara das Dunas, vixente desde xaneiro de 2014, para millorar a situación da especie.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



