O voceiro de asuntos marítimos do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, interpelará na Comisión de pesca e marisqueo do Parlamento de Galicia que se terá lugar no día de mañá, ao secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, sobre a evolución que presentaron durante o ano pasado a produción e a facturación do sector da acuicultura en Galicia e a valoración que a Xunta fai ao respecto.
O popular formula esta pregunta para coñecer os últimos datos oficiais en relación coa situación da actividade vinculada aos produtos do mar e do marisqueo. Neste mesmo contexto, o deputado xa formulou unha iniciativa similar na pasada comisión, neste caso, en relación coa pesca extractiva. O Goberno galego confirmou daquela, que no 2014 as descargas nas lonxas galegas medraron un 14,5% e o seu valor económico un 4,6% en relación co 2013, unha evolución positiva que vén á romper unha tendencia negativa de diminución anual rexistrada nos últimos exercicios.
ORIENTACIÓN DAS DECISIÓNS
Balseiro lembra que os datos oficiais achegados son un piar fundamental na capacidade de orientación das decisións que se deben adoptar no ámbito marítimo-pesqueiro, e permiten dispoñer unha foto real das dimensións sociais e económicas que adquire esta actividade.
O voceiro do Mar dos populares galegos sinala que, ao igual que na pesca extractiva, Galicia é, sen lugar a dúbidas, unha referencia europea e mundial na acuicultura, non só pola súa actual capacidade produtiva, por si mesma importante no cultivo de moluscos bivalvos –especialmente do mexillón cultivado en batea- senón aínda máis, pola potencialidade que lle ofrecen as inmellorables condicións naturais e tecnolóxicas cara a este e outros grupos de cultivos.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



