O domingo 21 de xuño os interesados poderán visitar Arganza, Cacabelos (durante a súa Feira do Viño) e Ponferrada (onde se aproveitará para xantar) nunha viaxe organizada dende Foz por Amigos das Viaxes. A saída do autobús será ás 08.00 dende Cangas pasando por Nois, Fazouro, Foz e Vilaronte cada 10 minutos. O prezo da actividade, que inclúe transporte e comida, será de 30 euros. Os interesados poden anotarse contactando co 609 822 649. O programa tamén ofrece a posibilidade de comer cereixas nunha finca por un prezo de 6 euros que inclúe, a maiores, unha caixa de 2 quilos.
Viaxe a Cacabelos e Ponferrada