Ribadeo, 8 de xuño de 2015.- O Concello asinou un convenio coa Mesa pola Normalización Lingüística para distribuír nos centros de ensino material didáctico en galego dirixido ás idades máis temperás. O Abecedario, o primeiro da serie que edita a Mesa, xa está en Ribadeo. Éste está ilustrado por Óscar Villar. As entidades receptoras recolleron os seus exemplares esta mañá. No acto participaron a concelleira de Educación e Cultura en funcións, Mariluz Álvarez Lastra, e a vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Mónica Pazos. Tamén asistiron Cristina Vázquez do CIFP Porta da Auga, Fé Somoza da escola infantil, Encarna Santos de Educando en Familia, Montse Vivero do colexio Sagrado Corazón e a bibliotecaria municipal Mª Jesús Rañón.
A edil nacionalista explicou que “se trata da edición dunha serie de libros para os máis pequenos, no tramo no que os rapaces empezan a entrar en contacto coa lectura, no tramo de 0 a 6 anos. Trátase da edición dunha serie de libros monotemáticos referentes a aves, animais, utensilios da casa, elementos da escola… editados integramente en galego. As profesionais que traballamos con nenos de educación infantil contamos con moito material en castelá, pero ás veces con pouco en galego, onde se reflicta a imaxe do que queremos ensinarlles aos rapaces e rapazas coa palabra ou a denominación en galego”.
Álvarez Lastra dixo que “nos parece unha idea fabulosa que a Mesa pola Normalización Lingüística edite estes libros, que van acompañados de láminas. E comézase por un libro xenérico para traballar o abecedario, é algo moi representativo, co que a riqueza do vocabulario será moi amplo. Hai que destacar a calidade das imaxes, que están feitas por ilustradores xoves e dunha gran calidade”.
A concelleira de Educación e Cultura indicou que “a nosa idea foi non quedarnos no Concello só con estes exemplares, porque nos parece que incentivar a cultura e a lingua galegas é moi importante nestas idades, e por iso quixemos facer un convenio onde o Concello adquirise estes exemplares e os distribuíse nos centros de ensino da vila: Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, na escola infantil, en Educando en Familia, e na nosa biblioteca municipal tamén estará este libro O Abecedario. Tamén existe unha relación moi estreita co centro de saúde. Na sala de pediatría hai un stand ao que a propia biblioteca vai levando e renovando alí libros. E ese espazo será dotado con estes materiais”.
Mónica Pazos, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, agradeceulle ao Concello de Ribadeo “a súa colaboración porque é a maneira de que chegue aos centros de ensino e que os nenos e as nenas teñan contacto con este material”. Pazo relatou que “o proxecto nace polos datos do uso do galego, que se fixeron públicos o ano pasado e nos que se dicía que un de cada catro nenos galegos só fala galego ata os quince anos e a idade máis baixa é onde é mais alarmante o pouco uso do galego. Todos os estudos marcan que hai un problema na transmisión xeracional. Nese sentido desde a Mesa quixemos contribuír, aportar o noso gran de area e facemos este tipo de libros, que son material didáctico, só con vocabulario e con imaxes. Neste caso o ilustrador é Óscar Villar, que é un premio nacional e o seguinte libro vai ser sobre as aves e será ilustrado por Silvar. A idea é seguir con outros libros relacionados co tempo, coa roupa… con vocabulario moi relacionado cos nenos e coas nenas”.
A mestra de Educando en Familia Encarna Santos manifestou que “debemos respectar sempre a lingua materna. Os nenos cando chegan a xunto de nós de 0 a 3 nenos, que non saben falar aínda que xa empezan a dicir as súas primeiras palabras. É moi importante respectar o galego porque é a súa lingua materna. Este material é importantísimo porque o hábito de ler empeza ao nacer, de aí que teñamos que poñer en contacto aos nenos e nenas con estes libros como futuros e bos lectores o día de mañá”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



