Lourenzá, 9 de xuño de 2015.- O goberno municipal de Lourenzá en funcións rematou os trámites para a firma dun convenio entre o Concello e a Xunta de Galicia para cambiar o chan do pavillón polideportivo municipal cun investimento de 50.000 euros.
A alcaldesa en funcións, Emma Álvarez Chao, explicou que este martes “rematamos todos os trámites para poder asinar un convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, concretamente a Secretaría Xeral para o Deporte, e o Concello de Lourenzá. Este convenio é froito de varias negociacións e ascende a 50.000 euros para substituír o chan da pista do polideportivo municipal de Lourenzá”.
A rexedora especificou que “as obras que se van facer consisten en preparar o pavimento existente para poder poñerlle un de parqué, que é moito máis flexible para as articulacións e resulta menos abrasivo nos casos de posibles caídas. Ademais con este chan non soamente se poderá xogar a fútbol sala ou a baloncesto senón que tamén permite seguir facendo as actividades de patinaxe que se levan a cabo ata o día de hoxe no vello pavimento”.
Emma Álvarez engadiu que “hoxe mesmo remitimos toda a documentación para que nos próximos días se asine o convenio de colaboración e posteriormente se fagan estas obras. Así na próxima tempada deportiva xa poderán os nosos nenos e tamén os maiores das escolas deportivas iniciar estas actividades nun pavimento moito máis adecuado aos tempos que corren”.
A alcaldesa lembrou que “esta era unha demanda que nos viñan a facer dende as escolas deportivas dende hai anos e tamén dende o equipo de baloncesto feminino que temos en Liga Nacional. Cremos que esta é unha acción positiva para o deporte en Lourenzá e o único que pretendemos dende o grupo de goberno en funcións do Concello neste momento é que sexa un investimento ao que lle saquen froito os nosos nenos e tamén os maiores que usen este polideportivo”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



