Santiago, 10 de xuño de 2015.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, salientou este mércores a “clara aposta do Ministerio de Fomento pola seguridade nas liñas ferroviarias españolas” e mostra disto é que xa ten prevista a instalación e posta en funcionamento do sistema de xestión de tráfico ferroviario ERTMS no Eixo Atlántico de alta velocidade entre Vigo e A Coruña. Porén, Gómez Alonso explicou que o cambio do sistema ASFA DIXITAL a ERTMS “non responde a cuestións de seguridade, senón para acadar a interoperabilidade na rede transeuropea de transporte”.
Alejandro Gómez Alonso lembrou que “desde que en 2003 se puxo en servizo o primeiro dos tramos do Eixo Atlántico de alta velocidade, a xestión do tráfico ferroviario estase a realizar co sistema ASFA-DIXITAL de maneira provisional, en tanto non se instale o sistema ERTMS previsto polo Ministerio de Fomento”. Neste sentido, considerou un “sinsentido ter privado aos usuarios da significativa mellora na calidade dos servizos que supón o Eixo Atlántico por non contar co ERTMS, xa que este sistema non implica un nivel de seguridade maior para as actuais operacións”.
Así mesmo, o portavoz popular destacou que “España é o país da Unión Europea que conta cun maior grao de implantación do sistema ERTMS”. De feito, apuntou que no Eixo Atlántico a implantación do sistema ERTMS ten consideración de “implantación nacional adicional e voluntaria” dentro da planificación da Unión Europea na materia.
“Neste momento, temos os mellores servizos ferroviarios que tivo Galicia na súa historia, acordes ás esixencias marcadas pola Unión Europea e ás necesidades dos galegos e galegas”, manifestou Gómez Alonso. Ademais, manifestou que están baixo a supervisión da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, autoridade responsable de velar polo mantemento xeral da seguridade na circulación sobre a rede ferroviaria de interese xeral mediante a supervisión do cumprimento das obrigas dos diferentes actores nesta materia.





















A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.



