Foz, 17 de xuño de 2015.- Foz acollerá a oitava edición do campus de verán de patinaxe artística para maiores de 4 anos de idade dende o 29 deste mes de xuño ata o 3 de xullo. Esta actividade foi presentada este mércores cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o prazo de inscrición remata o día 21 deste mes.
O rexedor municipal explicou que “no día de hoxe vimos de presentar o oitavo campus de verán de patinaxe artística organizado polo Concello de Foz, un curso de iniciación e perfeccionamento da patinaxe artística para rapaces maiores de 4 anos. É unha actividade moi demandada, practicamente o mellor de Galicia nesta modalidade e ten moi boa aceptación. Vaise realizar os días 29 e 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo. As clases comezan ás 10 e media da mañá e rematan ás 7 e media da tarde. Pódense inscribir nenos e nenas de Foz e do resto da Mariña. O prezo xeral é de 100 euros, menos para os alumnos das escolas deportivas municipais de Foz, que teñen un desconto de 15 euros, polo que quedaría en 85 euros. Tamén hai outros descontos para o segundo e o terceiro irmán. Poden apuntarse chamando aos teléfonos de información 636.504.155 ou ao 686.105.917 ata o día 21 deste mes. Normalmente cóbrense todas as prazas, polo que todos aqueles que estean interesados, alumnos e pais, deben poñerse en contacto co Concello de Foz ou ben con eses números de teléfono que acabo de dicir. Tamén no facebook do Concello de Foz vai haber bastante información sobre este campus”.
Javier Castiñeira especificou que nas actividades do campus “inclúese un refrixerio a media mañá, comida e merenda, ademais dunha serie de obsequios para os rapaces e bonos desconto en tendas de deportes”.
O alcalde destacou que esta iniciativa “é unha oferta importante para os pais, porque na época xa de vacacións vailles permitir conciliar a vida laboral co ocio dos rapaces. Estamos moi contentos porque xa son 8 anos, a demanda é moi boa e animamos a todo o mundo a que se apunte e goce deste campus de verán de patinaxe artística”.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
