Madrid, 18 de xuño de 2015.- En Madrid foron moitas persoas testemuñas das reivindicacións a favor das persoas con enfermidades discapacitantes e raras. Marisol Moreda, presidenta de honra da Ong Otro mundo é posible, non puido asistir ao evento por razóns de enfermidade na súa familia, e foi motivo dunha longa ovación por parte de todos os asistentes.
“Nótase máis a súa presenza ante a súa ausencia”, foi o comentario escoitado nesta presentación madrileña nun acto que acabou resultando de grande emotividade polas palabras dos intervenientes, así como da propia Marisol, cuxas palabras foron pronunciadas no seu nome polo Presidente da Ong.
Este mércores, 17 de xuño, Marisol Moreda conseguiu un grande éxito na presentación da súa última novela Un Largo Camino de Rosas Blancas nos salóns da ONCE en Madrid. Ante a obrigada e lamentada ausencia de última hora por motivos familiares da autora e Presidenta de Honra de Ong Otro mundo é posible, realizou a presentación do acto o seu Presidente, Celestino Olalla, seguindo os desexos de Marisol. Esta cativadora novela conseguiu a dobre intención que pretendía a súa autora: servir para reivindicar a atención cara ao mundo das enfermidades raras e discapacitantes, así como conseguir unha importante recadación coas vendas que se realizaron do libro, ademais de importantes doazóns levadas a cabo por unha das persoas presentes ao acto, que como xa anticipou Marisol, se destinará integramente a diversos afectados alí presentes.
Esta presentación contou coas intervencións de Mercedes Jaraba, Subdirectora Xeneral da Dirección de Políticas de Apoio á Minusvalidez do Ministerio de Sanidade, do Presidente da ONG, Celestino Olalla, da Delegada da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER), María Elena Escalente González, da Presidenta de Treacher Collins, Marisa Gil, nai de afectada por esta enfermidade, de José Carlos Rodríguez, de ASID (Síndrome DID 8PTER) pai doutro neno afectado, e a xornalista Lucía de Vicente.
Os intervenientes expuxeron a dura realidade á que se enfrontan os afectados polas enfermidades raras, así como as súas familias, incidindo na necesidade de alcanzar un maior esforzo fronte á súa complicada situación, xa que as axudas son moi escasas e a investigación non recibe o impulso suficiente para avanzar no desenvolvemento de tratamentos curativos. Léronse as emotivas palabras que Marisol ía pronunciar por parte de Celestino Olalla. O acto converteuse nun exemplo de solidariedade cara a estes enfermos, que no caso de España, afecta a máis de 3 millóns de persoas e as súas familias.
No mesmo acto o Presidente da ONG fixo unha chamada telefónica a Marisol, que agradeceu a presenza de todos e que comunicou a xestación dun novo programa de raio que ela conducirá.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



