Bruxelas, 23 de xuño de 2015.- Unha sala pequena, dous flexos, unha mesa, dúas cadeiras, tres caixas fortes. Así é a polémica estancia onde o Parlamento Europeo permite a revisión de 70 dos documentos “non oficiais” das negociacións do Transatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP), un dos tratados de liberalización comercial que están a negociar arestora a Unión Europea (UE) e os Estados Unidos de América (EUA).
As dúas horas de tempo estipuladas para acceder á sala de lectura do TTIP deron só para revisar catro dos dezasete documentos solicitados. Abondou para saír cas ideas claras: “non houbo nada que reducira un ápice a grande preocupación que tiña antes de entrar; o que atopei vai na liña do que xa sabemos e estamos denunciando”, valorou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra. É mais, destacou, á restrición e dificultades no acceso á información engádese ademais o feito de que algúns dos documentos compilados nesta sala non están “completos”, “había documentos que facían alusión a anexos para poder ser comprendidos na súa totalidade, pero os anexos non estaban alí”.
Aliás, sinalou Senra, resulta tamén unha eiva democrática a barreira lingüística, xa que “non é lóxico que uns documentos destas características estean só nun idioma, neste caso o inglés”.
Por outra parte, engadiu, “confírmase que este é un tratado que abarca absolutamente tódolos ámbitos da nosa vida”. Unha trascendencia tan absoluta que fai inda máis condenable o escurantismo ao que está a ser sometida a negociación, “non está a haber a transparencia mínima necesaria, nin de cara á cidadanía, nin de cara ás eurodeputadas/os, que teremos que discutir sobre este tratado e do que nalgún momento teremos que decidir sobre a súa ratificación ou non”. “Están limitando a nosa acción política”, sentenciou.
Logo de ter acceso aos documentos confidenciais custodiados na sala de lectura do Parlamento Europeo, a conclusión é nítida, “é todo unha pantomima, debido á alarma social víronse obrigados a habilitar esta ferramenta de suposta transparencia cando en realidade a información segue sendo moi limitada”.
Fronte a esta tentativa de impoñer un acordo comercial “que remataría ca soberanía dos pobos tal e como a coñecemos hoxe en día”, a eurodeputada galega puxo en valor a importantísima loita social que está a facer fronte ao TTIP, “cómpre seguir dando a batalla para que haxa transparencia, seguir dando a batalla para que coñezamos realmente en todo momento o que se está negociando e seguir dando a batalla contra este tratado entre os EUA e a UE que vai ter consecuencias tremendas para a nosa vida diaria”.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



