Ribadeo, 23 de xuño de 2015.- Do 3 ao 5 de xullo terá lugar no parque de San Francisco a segunda edición da feira do libro de Ribadeo, recuperada o ano pasado. O evento no que haberá diferentes actividades para nen@s e adultos foi presentado este martes pola tarde na Biblioteca Municipal polos concelleiros Mariluz Álvarez Lastra e Farruco Graña e polas librarías ribadenses participantes.
As nove casetas de feira do libro abrirán en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 22 horas. A inauguración está prevista para o 3 de xullo ás 20 horas. O pregón será pronunciado polo escritor ribadense Xavier Rodríguez Baixeras, que ao día seguinte realizará un percorrido poético pola vila a partir das doce do mediodía. A continuación do pregón haberá unha actuación musical a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Tanto sábado coma domingo de 11:30 a 13:30 horas terá lugar un obradoiro de creación de libros pop up e escritura creativa. Será na carpa instalada no parque. As prazas son limitadas. A inscrición realizarase media hora antes do inicio da actividade. Os nenos e nenas tamén gozarán o domingo da presentación de Xoguetes naturais, a cargo de Pícarosmundi. Será ás seis da tarde e a continuación haberá un obradoiro de xoguetes no que os menores deberán estar acompañados dunha persoa adulta.
Para o sábado ás 20:30 horas está prevista a actuación de Cándido Pazó co seu espectáculo Candideces. E tamén ese día ás 21:30 horas, organizado por Pícarosmundi en colaboración con Legado Gourmet e La Galería 56, haberá Maridaxes literarias: viños e libros. Durante os tres días da feira están previstas as presentacións de varios libros como Mondoñedo literario de Armando Requeixo, As tres xarolas de Inés Fernández, Coñece o abecederario da Mesa pola Normalización Lingüística, Dun largo escuro de Marta Dacosta, Tempos do norte a cargo de Mónica Justo e Roberto Martínez, e A Casa do Vapor, de Maumarela.
O domingo, 5 de xuño, o alumnado da EMMeD realizará a performance Orballo a partir das 12:20 horas e ás 13 horas María Justo dirixirá unha exhibición de danza no Cantón.
Coa actuación do Grupo de Teatro de Ribadeo o domingo ás 20:30 horas, interpretando un fragmento de O inspector, clausurarase a segunda feira do libro.
Mariluz Álvarez Lastra subliñou que “cada persoa que merque un libro infantil será agasallado cun exemplar de Os Bolechas van á Mariña lucense. E por cada compra superior a 15 euros darase un boleto para o sorteo dun lote de libros e dunha cesta de froitas e verduras do mercado de Ribadeo. Os boletos estarán vinculados ao sorteo do día que se fixo a compra e que terán lugar as tres xornadas: venres, sábado e domingo a partir das nove e media da noite nas inmediacións da feira”.
A concelleira nacionalista agarda que o tempo acompañe e anima “a pequenos e maiores a acudir a esta feira do libro e a gozar das actividades e obradoiros programados para eses días”. E agradeceu o traballo realizado polos técnicos, polo persoal municipal implicado e polas librarías para que o evento sexa unha realidade.
Farruco Graña dixo que “esta segunda feira do libro ten unha vertente máis universal, pero sen esquecer o libro galego e na mesma queremos mimar todos os ámbitos: o d@s nen@s, o d@s moz@s e o d@s adult@s”.
A feira do libro está organizada polo Concello de Ribadeo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a EMMeD, o Grupo de Teatro de Ribadeo, La Galería 56 e Legado Gourmet e as librarías ribadenses: Vivín, Gráficas Santiago e Pícarosmundi.
As librarías participantes son: Aenea, Nobel, Balmes, Gran Enciclopedia Galega, Anticuaria Galgo, Pícarosmundi, Gráficas Santiago, Vivín e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



