Foz, 25 de xuño de 2015. Foz vivirá a súa segunda Festa Vintage este sábado, 27 de xuño, con unha chea de actividades ao longo de toda a fin de semana, organizadas polo Centro Comercial Aberto coa colaboración do Concello.
O retorno aos anos 20 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes.
Do 26 ao 28 de xuño coa Lei Seca varios locais hostaleiros ofrecerán menús e tapas vintage. Son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Asoalta, A Viela, Bar 78, Anduriña, Dandy, Xoyma, Portovello, Marexada, O Lar, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte e Fina.
E os días 26 e 27 os clientes do comercio focense poderán beneficiarse da fin de semana sen IVE. Aquelas persoas que fagan as súas compras en 100 P’S Zapatería e Complementos, 5 Lobiños, Arrullos, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, PI-R Moda Hombre, Saint Tropez, Vagaluz, Vas’s e Zapatería Chilena… beneficiaranse desta fin de semana sen IVE.
Mañá, venres, haberá unha Festa Vintage Infantil en Oz. Centro de Ocio Infantil a partir das 17.00 horas. E en Marexada Café os asistentes poderán degustar cócteles con toque anos 20. Xa o sábado de 11.30 a 20.30 horas haberá un mercadillo vintage na avenida Álvaro Cunqueiro. Ás doce da mañá batukada polas rúas e á unha pasarrúas a cargo dun grupo da Escola de Música.
Ademais a avenida da Mariña, estará cortada ao tráfico rodado, o sábado, para acoller as actividades organizadas para os nenos e as nenas que acudan xunto aos seus pais á II Festa Vintage: haberá xogos infantís, colchonetas, pintacaras, globoflexia… Os rapaces estarán acompañados por monitores de animación. De 17:30 a 20:30 horas a praza Conde Fontao acollerá un taller de cociña do programa Cómete o mar. De 18 a 20 horas diante das librarías Bahía e Ofifoz os nenos gozarán unha actividade da man de Elena Aragón e ás 18 horas nova sesión de batukada nas rúas. E concerto de Eva al desnudo en Marexada Café, no paseo Colón.
Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses, visitantes e a toda a comarca a coller os seus traxes e os seus vestidos e a viaxar por un día á década dos anos 20, a principios del pasado século XX”.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



