Lugo, 30 de xuño de 2015.- Os catro centros sociocomunitarios promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar propoñen máis de setenta actividades para este ano das que poderán beneficiarse preto de mil persoas. A maioría delas comezan entre setembro e outubro, sen embargo durante a temporada estival tamén está previsto a realización de varias excursións.
Estas actividades van destinadas a un público heteroxéneo, de calquera tramo de idade, e presentan una duración variable, aínda que a maior parte de elas perduran un semestre.
O centro que proporciona un maior número de propostas é o de Vilalba. Oferta actividades deportivas, mesas de debate e cursos de memoria, para activar a mente e para mellorar o emprego das novas tecnoloxías. Neste centro tamén realízanse varios tipos de voluntariado.
As actividades que se levan a cabo en Ribadeo son distintos tipos de ximnasia, cursos de informática e de adestramento da memoria, talleres de patchwork e talleres de técnicas múltiples. Por outra parte, en Lugo ofrécense cursos para mellorar o emprego das novas tecnoloxías e actividades deportivas.
Finalmente, en Mondoñedo preséntanse cursos de informática, talleres de memoria, actividades deportivas e obradoiros de pintura, costura e bolillo ou xogos de mesa.
Cabe mencionar que algunhas destas propostas están organizadas por outros organismos. Así a Cruz Vermella encárgase dos cursos de ximnasia de mantemento e do de adestramento da memoria en Ribadeo, e COGAMI dos cursos de informática e ximnasia adaptada para maiores no mesmo concello.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



