A última vez que estivéramos nela fora en maio de 2004, só tres meses antes de finar Manuel María. Acudíramos a Outeiro de Rei para acompañar ao poeta na presentación do libro “Elexías á miña vida pequeniña”. Cando polos 50 do pasado século Manuel o escribiu- unha das suas primeiras obras- enviou o orixinal a Cunqueiro pedindo a súa opinión; éste nunca respostou, o traballo extraviouse e o autor tiña mágoa porque, en contra do que nel era habitual, non se quedara con copia. Medio século despois, e por un casual, entre vellos papeis apareceo o traballo do chairego na casa do mindoniense, e foi editado. A doenza do vate estaba moi avanzada; vencendo os atrancos desprazouse dende a Coruña á súa amada carballeira de Santa Isabel e alí, a carón do monolíto que habia anos levantàrase na súa honra, recibíu a homenaxe íntima, de pouco mais dunha ducia de amigos, cos que vivíu a ledicia da obra recuperada; logo, imos á Casa e o cronista, por derradeira vez, sentouse na cadeira da cociña central.Voltamos agora á noble casona, xa Casa-Museo de M.M., na que se realizou unha fermosa obra que conserva toda a personalidade e o engado da vella casa labrega, fondamente enraizada no lugar, rodeada da horta e árbores que o Poeta da Terra Chá amaba profundamente e que cantou ó longo da vida: o cedro, xigante e poderoso; a claudeira; a cerdeira e a mazaira; a grande e frondosa nogueira; o loureiro , “feito de luz e vento namorado”; a pereira vella … e a palleira, convertida en auditorio. Fiel ó espíritu, a casa manten vivo o recordo do poeta: a habitación e a cama na que naceo; o coarto do reloxio de parede co despacho e a vetusta máquina coa que escribiu centos de poemas; as coleccións de navalliñas, de estilográficas e de reloxios; cadros, no seu día agasallos de grandes artistas da terra; os poemas a Saleta e a cada rincón da casa; os 14 mil volumes da biblioteca: en lugar preferente o líbro “Versos florecidos en louvanza de Foz”, e diversas referencias graficas e lterarias da súa relación coa vila; toda unha vida. A visita resultounos moi emotiva… . A Real Academia Galega acaba designar a Manuel como pesoeiro ao que dedica o Día das Letras Galegas 2016. ¡ Albricias!
Suso Fernández



















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



