Grupo Municipal Popular do Concello de Burela- Levamos prácticamente un mes desde a constitución das corporacións locáis e vemos cómo hai alcaldes que están xa tomando posicións e algún que outro que seguen tomando caña e pincho de tortilla e disfrutan da vida. Se ben estas dúas cousas non son nada malas, ós alcaldes pídeselles compromiso e toma de decisións…, ademáis de interese polos asuntos que lle son propios ó concello. Algo que cremos que é moito pedirlle ó actual alcalde de Burela.
Facer o pleno de organización no límite que marca a lei en si mesmo non é preocupante… Pero sí o é facelo tarde forzado pola falla de consenso dentro do seu grupo político á hora de adscribir as dedicacións. Porque non se entende cómo o flamante primeiro tenente de alcalde, con tantas competencias que vai ter, non teña dedicación exclusiva nin parcial… Ou a concelleira de Servicios Sociáis, que vai levar tamén Economía e Mar, e que por riba ainda non debe saber cándo vai estar no concello porque a pesares de ter unha dedicación parcial o seu horario non se reflexa na proposta do alcalde, o que resulta, de entrada e cando menos, sospeitoso.
O alcalde afirma que se van aforrar cartos nas dedicacións: en términos absolutos, sí. En total, 11.200’00€/ano. Pero a cambio de baixarlle horas ás dedicacións, pasando de 105 horas semanáis no período 2011/2015 a 70 horas semanáis a partires de agora, e incrementando o custo real por hora de dedicación, que pasa de 13’06€/hora a 16’92€/hora. Non vemos o aforro efectivo por ningún sitio.
Dinos o alcalde que lle vén de pedir unha entrevista ó Presidente da Xunta, Sr. Núñez Feijoo. Parécenos ben, e, ainda que non o recibirá de hoxe para mañán, seguro que tardará menos que tardou o anterior presidente da Deputación en recibir ó anterior alcalde (… ainda está agardando hoxe…). E afirma o alcalde que lle vai preguntar polo hospital, pola nova escola infantil, etc.
E mentres tanto? Mentres tanto, qué vai facer o alcalde sobre esas e outras cuestións que tén Burela pendientes? Queremos saber qué vai facer o alcalde coa nova escola infantil, se vai respectar e cumplir o convenio asinado entre o Concello e a Xunta e forzado polo goberno Zapatero no seu día dentro do plan Educa-3, ou se o vai denunciar; queremos saber se asume o compromiso de que 41 familias de Burela teñan plaza para outros tantos críos e crías nunha escola infantil pública na nosa localidade. Porque as obras están rematando e logo haberá que equipala e abrila. Mentres, o alcalde nin se puxo en contacto co Consorcio Galego de Servicios Sociais, nin con Tragsa, empresa adxudicataria das obras, nin tan siquera foi ver as obras.
O alcalde preocúpase polo acceso ó porto… Sólo faltaría, logo de decir que nunca se faría… E dinos que lle pedirá explicacións a Feijoo sobre os desprendementos… Ben. E mentres non se celebra a reunión? Vai seguir o alcalde sen saber cómo están as obras e qué prazos quedan por cumprir? Porque as obras seguen pero na Consellería de Medio Ambiente non saben cómo sona a voz do novo alcalde da nosa vila nin cál e o seu estilo literario… Nin chamou, nin mandou un fax ou un e-mail para interesarse polas obras do acceso ó porto.
Falando do porto… Portos de Galicia está rematando a prolongación do martelo…. Unha obra importante para a seguridade da dársena interior. Cáseque medio millón de euros de investimento. Cómo se lle vai pedir compromiso co porto ó alcalde, que dixo que él levaría personalmente mar e agora resulta que non será así? En Portos están desexando que os chame, para poder falar con él. Cándo chamará?, boa pregunta…
As obras do Faro xa remataron… Pero qué menos que unha chamada de agradecemento do novo alcalde á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao! Por favor, cabaleiro, non lle pidamos ó noso alcalde que se preocupe de cousas sen importancia…
Ah, o Hospital. Vai falar con Feijoo sobre os prazos da ampliación do Hospital. Ben, parécenos mui ben. O que non nos parece tan ben, é que un alcalde dun concello que conta cun hospital non se teña posto ainda en contacto coa Consellería de Sanidade nin co SERGAS para ver cómo está o asunto. E que moito nos tememos que nin tan siquera se puxo en contacto coa xerencia do noso Hospital nin coa da área integrada, con ningunha das dúas, probablemente…para coñecer algo máis polo miudo as interioridades do Hospital. Xa o explicará o Presidente da Xunta…
En fin, que o novo alcalde xa recibirá a información directamente do Presidente da Xunta, cando sexa, é igual… Pódese chegar a tal grao de apatía de non interesarse polos asuntos citados cando son fundamentáis para o noso concello? Pois, ó millor, o noso acalde, sí.
Ou ben é que o novo alcalde estivo mui entretenido e non tubo tempo. Eso sí, tivo tempo para ir á comida de despedida de Besteiro, e de outras picaraxadas… Porque, claro, para o alcalde, poñerse ó día das cousas serias do concello supón traballo, e se traballa, menos cafeíños. Pero tranquilos, “precisamente onte falei xa coa consellería e xa me dixeron…”, diranos o alcalde… Al tiempo.
E postos a elexir entre traballo e cafeiño…. Faltaría máis!




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



