O Hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro acollerá os venres, sábados e domingos, entre o 17 de xullo e o 30 de agosto, as VII Xornadas do Bonito. O prezo por persoa será de 10 euros e os comensais poderán elixir entre catro preparacións: bonito á prancha, bonito en rolo, bonito con pisto e bonito á faraona. María Hermida, xerente do Hotel, invita a veciños e turistas da Mariña a achegarse a Ferreira e saborear os múltiples xeitos de preparar este peixe de tempada tan ligado á comarca. “O bonito é un produto típico destas datas e as xornadas do Hotel Vila do Val están xa consolidadas. Nesta sétima edición mantemos algúns dos pratos que triunfaron nas pasadas, e ofrecemos algún novo coa intención de seguir sorprendendo á nosa clientela”, explica Hermida. Para máis información e reservas, os interesados poden chamar ao número 982 57 16 53.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



