Luns, 20 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, presidiu este luns o acto da toma de posesión dos doce traballadores que prestarán servizos na institución provincial e que se encargarán da xestión do Ben Empregado II. “Temos o máximo interese en seguir impulsando esta plan e se están a seguir os prazos ordinarios do procedementos con normalidade e sen darse ningún tipo de paralización no procedemento”.
A presidenta provincial deu a benvida aos seis axentes de Titoría e Dinamización Empresarial, así como ás outros seis axudantes destes axentes, que realizarán labores de titoría, asesoramento e asistencia continuada e específica ás empresas da provincia beneficiaras do Ben Empregado II, así como aos seus traballadores seleccionados a través deste plan.
Candia desexoulles “unha estadía proveitosa nesta institución” a estes profesionais que tomaron posesión como funcionarios interinos, tras superar un proceso por concurso-oposición. A toma de posesión destes doce funcionarios demostra que o traballo nesta institución e co goberno popular “se está a dar con toda normalidade, e a tramitación do plan segue os prazos establecidos, sen darse ningún tipo de paralización”, explicou a responsable da institución.
Candia engadiu que é necesario ter en conta a complexidade deste proceso xa que “estamos a falar de 307 perfís, para os que se rexistraron unhas 1.700 solicitudes, e cuxo prazo de inscrición finalizou o pasado 4 de xullo. “Dende a Deputación temos o máximo interese para que o estudo das solicitudes finalice o antes posible, pero o amplo número de solicitudes é xustificativo desta dilación no tempo. En ningún momento se interrompeu a xestión do goberno e este é un paso máis”.
Unha institución comprometida
A presidenta da Deputación explicou que a “nosa prioridade son as persoas desta provincia, como viñemos demostrando ata agora, prescindindo de gastos superfluos, e o fomento do emprego e o traballo nesta área sempre será un compromiso do goberno popular”.
Por último, Candia quixo agradecer o compromiso dos traballadores e funcionarios da institución que permiten que traballo desta institución “se estea a desenvolver dentro da normalidade”.
PSOE desleal
En relación coas críticas da oposición desde o organismo provincial lamentaron a “deslealdade permanente” na que parece terse instalado o PSOE e que se traduce nun intento permanente de “intoxicación á opinión pública” cuestionando o compromiso do novo equipo de goberno coa creación de emprego na provincia.
“O PSOE en vez de estar pervertendo a realidade e poñendo deberes aos demais tería que explicar como non estableceu os procedementos precisos para dar solución eficaz a este importante número de lucenses que se interesaron por participar no plan. Os participantes poden ter a seguridade de que todo o proceso sairá adiante, a pesar do PSOE, e que a Deputación de Lugo seguirá apostando por medidas para combater o paro, desde a colaboración cos concellos e outras administracións”.
Por último, a presidenta da Deputación criticou o nerviosismo dos socialistas que os está a levar a xerar alarma entre os cidadáns e se houbo desidia e paralización “foi no anterior goberno provincial, que tardaron ata meses en realizar as primeiras contratacións dende que se finalizou o prazo de rexistro da solicitude”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



