Barreiros, 22 de xullo de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego ten convocada para este mércores unha reunión veciñal no Teleclub da Rilleira. Será ás 21:30 e pretenden que sexa a primeira das reunións ás que convocarán a veciñas e veciños cada vez que haxa pleno municipal. “Trátase de achegar a vida municipal á xente, de informar dos asuntos que se tratarán no pleno e tamén de recoller as necesidades que as veciñas e veciños consideren que se deben tratar alí”, explica a portavoz municipal Ana Ermida. Nestas reunións, ás que se convoca a todas as veciñas e veciños do concello e que irán realizándose nas distintas parroquias ao longo do ano antes de cada pleno, o BNG explicará as mocións ou iniciativas que levará ao pleno municipal e recollerá tamén as aportacións que as veciñas e veciños fagan para trasladalas á cámara municipal.
“É un xeito de darlle participación o máis directa posible á xente, mentres non sexa posible que poida tomar parte nos plenos”, explica. Precisamente, o BNG rexistrou unha moción para que se inclúa no debate do vindeiro pleno sobre a elaboración dun regulamento de participación veciñal. “Trátase dunha obriga dos concellos, regular a participación directa das veciñas e dos veciños nos plenos. Que poidan falar, que o pleno serva para escoitar as demandas da xente e tratar de resolver os problemas desde o concello, a institución máis próxima ás persoas”, é o que pretenden desde o grupo municipal do BNG.
A formación nacionalista insta ao concello barreirense a elaborar un regulamento de participación veciñal neste mesmo ano para garantir que entidades, asociacións e colectivos poidan ter participación nos plenos en asuntos de interese para as mesmas; pero tamén que as veciñas e veciños individualmente poidan solicitar participar nas sesións plenarias. “Trátase de democratizar un mínimo este concello: que as veciñas e veciños vexan que os plenos municipais son públicos e poden ser utilizados para trasladar os problemas da xente. De actuar con transparencia e con valentía, afrontando as problemáticas que poidan existir de xeito responsable”, aseguran.
A situación do sector lácteo tamén se tratará no pleno barreirense
Ademais da moción de participación veciñal, o BNG ten rexistrada unha moción sobre a situación que está a atravesar o sector lácteo que, en Barreiros, pasou de rexistrar preto dun cento de explotacións con cota hai dez anos a 53 a primeiros da tempada do 2014, “que seguramente neste momento xa sexan menos”, asegura Ana Ermida.
“Cremos que o pleno dun concello tamén ten que valer para isto: para sacar posicionamentos públicos de apoio a un sector tan importante no noso concello como é o sector lácteo e facer toda a presión posible para que os gobernos galego e estatal, que son quen teñen competencias para poder actuar, tomen en serio o problema e se poñan a traballar para solucionalo e non se dediquen a minimizar a situación e faltarlle así ao respecto ás gandeiras e gandeiros deste país, que están a pasar por unha situación dramática”, afirman desde o BNG.
Desde o BNG piden que se traslade aos gobernos galego e estatal que se poñan en marcha os mecanismos precisos para garantir un prezo xusto polo leite en orixe, que garantan a recollida do leite e que se sancione aquelas grandes áreas de distribución que utilicen o leite como reclamo vendéndoo por debaixo do custe do mesmo.




















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



