Lugo, 14 de agosto de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, avanzou este venres que a pretensión do goberno provincial é a de dotar á correspondente partida orzamentaria dos fondos suficientes durante as contas de 2016 para saldar as débedas contraídas cos concellos en materia do Servizo de Axuda no Fogar.
A presidenta da institución reiterou o compromiso da Deputación co benestar e, neste senso, están a traballar para atender ás reclamacións dos municipios que solicitan o cumprimento do decreto de servizos sociais, despois de que o anterior goberno provincial se negase a atender maioritariamente o servizo de axuda no fogar.
Candia deu estas declaracións tras a celebración da Xunta de Goberno desta mañá na que se aprobaron as subvencións en réxime de concorrencia competitiva para gastos correntes do servizo de axuda no fogar na modalidade de prestación básica, por un importe de 1,2 millóns de euros, tras incrementar a partida en medio millón de euros.
“Nada máis chegar ao goberno duplicamos a axuda para o SAF respecto ao que destinaba o anterior goberno a comezos do último mandato”, unha decisión que a propia presidenta “considera insuficiente, pero atopámonos con limitacións orzamentarias que nos impediron durante este 2015 incrementar o crédito nunha contía maior”.
A presidenta provincial destacou que este incremento de partida reflíctese en un amplo número de concellos e citou, por exemplo, o de Ribadeo, que recibirá 47.000 euros fronte aos 27.000 euros que recibiría co orzamento do goberno bipartito, o de Riotorto que pasaría de 10.000 a 18.000 ou o de Viveiro de 18. 552 euros a 31.805 euros.
Candia tamén matizou que “tivemos que atender a unhas bases elaboradas previamente, aprobadas en Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2015, coas que cumprimos ao 100%, polo que o incremento da contía non implica que todos os concellos suban en subvencións, unha situación que trataremos de evitar nas próximas anualidades e para o que reformularemos as bases”. Neste senso, a presidenta da institución tamén garantiu que na próxima anualidade en todos os concellos da provincia se asumirá máis do 50% do custe do servizo.
“Dende o goberno provincial traballamos centrados na cooperación cos concellos e no benestar da provincia, pola contra a oposición dedícase a buscar escusas para prolongar no tempo os procesos”, engadiu a popular, quen informou de que na comisión de valoración celebrada antes da Xunta de Goberno, o BNG votou a favor da proposta de concesión de subvencións do SAF; mentres que os socialistas abstivéronse.
Apoio ao sector pesqueiro
En Xunta de Goberno deste venres tamén se aprobou a concesión de 33 subvencións a propietarios de embarcacións de pesca de baixura, por un importe total de 95.285,07 euros. O delegado de Pesca, José Demetrio Salgueiro, explicou que esta liña de axudas ten por obxecto o apoio ao sector pesqueiro de baixura coa mellora de embarcacións con porto base na Mariña Lucense.
José Demetrio Salgueiro explicou que se recibiron un total de 36 solicitudes, das cales 33 foron estimadas, mentres se produciu unha renuncia e se excluíron dúas por non axustarse ás bases, nun dos casos, o domicilio social do interesado non estaba na provincia de Lugo, mentres que outra das solicitudes se rexistrou fóra de prazo. Polo cal, “podemos dicir que o 100% das rexistradas que cumpriron os requisitos foron estimadas e a maioría no total do importe da solicitude presentada”.
O deputado delegado asegurou que “este é un exemplo máis do compromiso do Partido Popular co sector pesqueiro, que xa tiñamos dende a oposición, e que queremos sacar adiante agora con responsabilidades de goberno”. Neste senso, Salgueiro lembrou a reunión mantida con representantes do sector.
“Un dos nosos compromisos foi o de axilizar ao máximo posible a resolución destas axudas que hoxe se aproban de forma definitiva”, explicou Salgueiro quen anunciou tamén que “estamos a estudar unha liña nova de axudas, como se nos solicitou nesa primeira reunión co sector, dirixida ás mariscadoras para que podan comprar equipamento como traxes de neoprenos e desenvolver, deste xeito, con seguridade o seu traballo”.
Por último, o delegado de Pesca na Deputación tamén engadiu que se está a traballar nunha segunda nova liña de axudas dirixida á Federación Provincial de Confrarías, que “leva a cabo accións de promoción do sector pesqueiro, unha das labores fundamentais para poder promocionar de forma conxunta os produtos da nosa provincia e que repercutan no sector”.





















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



