O Concello do Viceo ten previstas dúas actividades para esta semana. En primeiro lugar, dentro dos ‘Mércores de Natureza’, achegarémonos á coñecida Costa de Loiba para andar o camiño entre Ribeira do Carro e o Porto do Barqueiro. Trátase dunha ruta duns 10 km que percorrerá os seguintes puntos de Interese:
-Praia de Ribeira do Carro: Vese unha espectacular praia onde tradicionalmente se recolleron algas para uso industrial e alimentario.
-O Banco de Loiba: O supercoñecido banco que ofrece unha fermosa vista sobre a Ría de Ortigueira.
-Praia e lugar de Picón: Praia moi brava e lugar de Picón onde hai restos dun muiño de vento.
-Praia de Esteiro no Barqueiro, praia moi fermosa e apta para deportes como surf.
-Porto do Barqueiro: O pequeno e pintoresco porto do Barqueiro na desembocadura do Río Sor.
A ruta deste mércores está orientada para acceder a ela por transporte público, concretamente no tren de FEVE que percorre a comarca. Así, o punto de encontro será o apeadeiro de FEVE no Vicedo ás 12h45 para coller o tren das 13h. Desde alí desprazarémonos en dito tren ata o apeadeiro de Loiba para iniciar alí a marcha. Para regresar hai 2 posibilidades: tomar o tren que pasa polo Barqueiro ás 17.00 horas ou mesmo regresar a pé ata O Vicedo desde O Barqueiro.
Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org.
Campionato de tenis de mesa
Por outra banda, entre o mércores 19 e o domingo 21 de agosto celebrarase unha nova edición do campeonato de tenis de mesa nas instalacións da Casa da Cultura do Vicedo.
Establécense 2 categorías: xuvenil e adultos que se organizarán do seguinte xeito:
– Mércores e venres a partir das 19h: Torneo xuvenil
– Xoves e venres a partir das 20h: Torneo adultos
Hai premios para os 2 primeiros de cada categoría e a inscrición é de 3 €
Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



