Mondoñedo, 20 de agosto de 2015.- Vén de presentarse o programa das Rutas Turístico Literarias de Mondoñedo, organizadas pola Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida e coa colaboración das asociacións Abrindo Camiño e Amigos da Cidade de Mondoñedo, e do Concello mindoniense.
O venres 28 de agosto, ás 20:30 horas no Centro Comarcal, terá lugar a presentación do libro “Un paseo polo Barrio dos Muíños”, de Xosé Ruiz Leivas, xunto cunha análise do Roteiro Leiras Pulpeiro coa proxección do audiovisual “Polos Camiños de Leiras” dirixido por Matías Nicieza e narrado por Marina Mayoral. Participarán no acto a alcaldesa Elena Candia, o autor do libro Xosé Ruiz Leivas, Armando Requeixo, Antonio Reigosa e Luis Fernández Ansedes.
O sábado 29 ás 11 da mañá, Xosé Ruiz Leivas conducirá un roteiro guiado polo Barrio dos Muíños, con saída da Oficina de Turismo. Para información e inscricións: 982 50 71 77 (Oficina deTurismo de Mondoñedo) e 639 07 27 69 (Luis Ansedes).
Xa o sábado 5 de setembro, tamén con saída da Oficina de Turismo ás 11 da mañá, percorrerase o Roteiro Turístico Literario “Leiras Pulpeiro”, ruta guiada ata a Área Recreativa de “A Fervenza” de Viloalle, percorrendo os lugares que foron representativos na vida do escritor e médico mindoniense. O roteiro contará coa participación dos membros do Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” Julia Labrador, Ramón Reimunde, Bernardo Penabade, Matías Nicieza, Francisco Piñeiro, Luis Fernández Ansedes, Jesús Chao e Xullo Rodriguez Leiras. A actividade, que contará coa colaboración da Asociación de Sendeirismo “Pasada das Cabras” de Burela, contará cun xantar campestre e un torneo de chave por parellas, con trofeos patrocinados pola Finca Rural O Remanso e A Taberna O Valeco de Mondoñedo. Os contactos para informarse e inscribirse son os mesmos que os do roteiro do sábado 29.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



