Ribadeo, 27 de agosto de 2015.- Polo IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra en Ribadeo, pasou este xoves José Antonio López, xefe de servizo de SEPIE, a axencia nacional de xestión do programa Erasmus +. López Álvarez destacou que este ano se aprobaron en España 307 proxectos de mobilidade, que implicarán que tanto alumnos coma profesores visiten outros países durante o curso 2015/2016 para completar a súa formación, e 39 proxectos de cooperación con outros centros e entidades, que coordinan entidades españolas.
O xefe de servizo de SEPIE expuxo na súa intervención accións clave e posibilidades no sector da FP: falamos das diferentes accións clave que ten o programa, as posibilidades de financiamento que hai para entidades que queren facer proxectos de cooperación europea, para non soamente mandar alumnos, que é a acción de mobilidade máis coñecida do programa, senón que tamén existen outras posibilidades: facer proxectos de cooperación con outras entidades, desenvolver materiais didácticos ou produtos doutro tipo de forma conxunta con outros países”.
José Antonio López Álvarez destacou que “en España estes programas teñen moita demanda, non podemos financiar todos os proxectos aprobados, o proceso é bastante competitivo, pero na convocatoria deste ano saíron aprobados 307 proxectos de mobilidade en todo o país, de centros que van mandar alumnos ou profesores fóra. E tamén temos 39 proxectos soamente no sector de Formación Profesional de centros que coordinaron iniciativas de cooperación”.
O profesorado que viaxa a outros países “descobre que hai moito que aprender doutros países, pero tamén que moitas veces as cousas se fan en España moito mellor do que nós pensamos. Sempre cambia a perspectiva que teñen os profesores respecto ao seu traballo: ven o que se fai fóra, o que se fai mellor e tamén o que se fai igual de ben aquí. E logo para o centro estes profesores son embaixadores do programa para os seus compañeiros, que se volven moito máis dinámicos”.
Na tarde deste xoves será APAGA, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, a que presente os resultados do proxecto de mobilidade Aprender a aprender na FP, que os levou a viaxar a Italia, Alemaña e República Checa. Será ás 19:30 horas. E xa pola noite celebrarase a asemblea xeral anual do colectivo.
O IV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos concluirá este venres. Nesa xornada falarase de tecnoloxía futura no presente, de Citröen como marca ao longo da historia e de motorizacións PureTech.
Xa o sábado e o domingo terá lugar a III Mostra de Vehículos Clásicos, nos xardíns do hotel O Cabazo.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



