CADERNOS DA VIAXE. No proceso de mobilizacións desenvolvido en Galicia este verán salientou unha nova organización, a Plataforma na defensa do sector galego, que soubo achegar a moitos dos alcaldes dos concellos máis concernidos, ao comercio, aos produtores e cooperativas, ás Asociacións de consumidores… O sector mobilizouse independentemente dos sindicatos agrarios, fortemente cuestionados na súa representatividade. Non por acaso Xóvenes Agricultores caeu por mór da súa liquidación controlada polo PP e os produtores rexeitaron maioritariamente a aposta de Unións Agrarias por controlar as mobilizacións. Emerxen, pois, novas formas de representatividade e achegamento á sociedade, conscientes de que só acadando a complicidade social poderá chegar a súa mensaxe.
Das resultas deste novo proceso, os produtores puxeron na axenda galega e estatal unha problemática que ameaza a supervivencia dun sector que perde unha explotación gandeira galega por día desque no 1 de abril se liberalizou a produción pola UE. Así e todo, a nova Plataforma, protagonista das mobilizacións convocadas a semana que entra en Compostela, haberá superar tamén tensións como as amosadas en Lugo, onde a Xunta xogou desmobilizar con promesas inconcretas.
O sector lácteo, como outros moitos fulcrais para a economía galega, precisa de canles axeitadas para facerse ouvir, non só a respecto dos Gobernos, senón dos consumidores, que son antes ca nada cidadáns. O tempo dirá se estas novas formas e estruturas saberán dar a resposta que non souberon ou non quixeron dar algúns dos vellos actores do sector lácteo.
A Arrincadeira: menos seguridade xurídica, menos liberdade
No balbordo destes días aprobouse inadvertida a reforma da Lei de Axuizamento Criminal, que fixou o máximo da detención incomunicada ordinaria en cinco días, no canto dos tres até agora lexislados. Un despropósito que limita substancialmente as garantías e que acrecenta as restricións das liberdades das últimas reformas lexislativas do PP.



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



