Cervo, 7 de setembro de 2015. Sete dos participantes no campionato de España de motonáutica por radiocontrol celebrado esta pasada fin de semana no encoro de Riocobo clasificáronse para o mundial que terá lugar en Holanda no vindeiro ano 2016.
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, manifestou hoxe que “o Concello de Cervo quere agradecer á Federación Galega de Motonáutica o feito de elixir o encoro de Riocobo para o desenvolvemento desta competición de carácter nacional, así como a aquelas entidades comerciais que colaboraron coa achega de trofeos, ao persoal do Concello de Cervo, a Protección Civil de Cervo e ao Club Piragüismo de San Ciprián, pola súa desinteresada colaboración con este evento”.
Clasificación:
|
Modalidade |
Clasificación |
Donante Trofeo |
Gañador |
Observacións |
|
|
1º |
E.S. Otero Vázquez | Manuel García Muñoz | Santander.- Campión de España en 2014 en 7´5 e 35 c.c. |
|
27 c.c. |
2º |
Rodabell | Carlos Javier Campo Cosido | Cantabria.- |
|
|
3º |
Hostal Buenavista | José Luis López Gutiérrez | Madrid.- |
|
|
1º |
Auto Escuela Mundial | Luis Coll Rosalen | Valencia.- Campión de España 2014, en 15 c.c. e 3º en 35 c.c. |
|
15 c.c. |
2º |
Concello de Cervo | Emilio Plana González | Madrid.- |
|
|
3º |
Concello de Cervo | José Ignacio González Gracia | Madrid.- |
|
|
1º |
Construcciones Cazás | Santiago García Colles | Cantabria.- |
|
7´5 c.c. |
2º |
Concello de Cervo | Emilio Cadaveira Cid | A Coruña.- |
|
|
3º |
Concello de Cervo | Juan José Rivas Gómez | Cantabria.- Sub-campión de España en 2014 en 7,5 c.c. |
|
|
1º |
Concello de Cervo | Carmelo Soriano Soriano | Valencia.- |
|
3´5 c.c. |
2º |
Concello de Cervo | Luis Plana González | Madrid.- Campión de España en 2014 en 3,5 c.c. |
|
|
3º |
Carlin | Antonio Sánchez de Castellón | Valencia.- |
Clasifícanse para o Campionato do Mundo do 2016 a celebrar en Holanda:
– Manuel García Muñoz, de Santander, en categoría de 27 c.c.
– Carlos Javier Campo Cosido, de Cantabria, en categoría de 27 c.c.
– Luis Coll Rosallen, de Valencia, en categoría de 15 c.c.
– Antonio Sánchez Castellón, de Valencia, en categoría de 15 c.c.
– Santiago García Colles, de Cantabria, en categoría de 7,5 c.c.
– Emilio Cadaveira Cid, de A Coruña, en categoría de 7,5 c.c.
– Juan José Rivas Gómez, de Cantabria, en categoría de 7,5 c.c.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
