Ribadeo, 9 de setembro de 2015. Talleres Gasalla renovou as súas instalacións, situadas en Vilar (Ribadeo), “para ofrecer un mellor servizo á nosa fiel clientela”, segundo explican os seus propietarios: Manuel Gasalla e Pepita Martínez.
Talleres Gasalla efectuou melloras nos departamentos de atención ao cliente e recambios, así como na fachada da súa nave. Pepita Martínez e Manuel Gasalla esperan que “sexa do agrado de todos. O que fixemos está pensado para que os nosos clientes estean perfectamente atendidos e se sintan cómodos nas nosas instalacións. E engaden: “queremos que quen nos visita, que quen acode a nós, saia totalmente satisfeito”.
Talleres Gasalla, servizo oficial Citröen, abriu as súas portas na rúa Ramón González, de Ribadeo, en 1979 e anos máis tarde, en 1996, trasladouse a Vilar. Manuel Gasalla e Pepita Martínez destacan como curiosidade que “na nosa carteira de clientes temos a fillos e netos dos primeiros aos que atendemos a finais da década dos 70 ou nos anos 80”.
Na empresa traballan actualmente 9 empregados. Talleres Gasalla conta con exposición e venda de vehículos Citröen e ademais ofrece servizos de chapa e pintura, electricidade, mecánica e electrónica para todas as marcas: “contamos con técnicos e mecánicos especializados”, explicaron os propietarios.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



