Santiago, 9 de setembro de 2015.- Co obxectivo de fomentar unha maior presenza do Camiño do Norte en Brasil, Turismo de Galicia organizou unha viaxe de familiarización na que cinco xornalistas brasileiros poderán coñecer esta ruta de peregrinación a Santiago, recentemente nomeada Patrimonio cultural da UNESCO xunto ao Camiño Primitivo.
Procedentes de Asturias, e dentro dunha acción da marca turística España Verde, da que xunto a Galicia forman parte as comunidades autónomas de Asturias, Cantabria e o País Vasco, os comunicadores de Brasil visitaron este mércores 9 de setembro, á primeira hora da mañá, a Praia das Catedrais e logo partiron cara a Vilanova de Lourenzá.
Os xornalistas, que realizan o seu labor profesional nas publicacións Folha de Sao Paulo e Marie Claire, e o blogs You Must Go e Viagem em Paula, realizaron despois a pé un percorrido polo tramo do Camiño que une Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo.
Nesta última vila, os visitantes coñeceron o seu casco histórico, declarado conxunto histórico-artístico en 1985, así como a Catedral, declarada Patrimonio Cultural da UNESCO en 2015 xunto ao Camiño do Norte.
Os xornalistas brasileiros trasladaranse este mesmo mércores tamén ata Sobrado dos Monxes, onde poderán visitar o mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado dos Monxes, declarado tamén Patrimonio Cultural da UNESCO como edificio senlleiro vencellado directamente ao Camiño do Norte.
Ao final desta xornada, os visitantes chegarán a Santiago e farán un percorrido polo casco antigo da cidade, mentres que mañá visitarán a Catedral e as súas cubertas e pola tarde achegaranse ata os pazos de Oca e Santa Cruz de Ribadulla para coñecer ambos edificios así como as súas contornas e o cultivo de camelias.
Viaxes ao longo do ano 2015
Con esta acción de promoción, xa son 29 as viaxes de familiarización organizadas por Turismo de Galicia ao longo do ano 2015 ao obxecto de difundir os valores turísticos da Comunidade galega en distintos mercados emisores.
Estas viaxes para prescritores foron organizadas directamente por Turismo de Galicia ou en colaboración con outros organismos e entidades entre os que destacan as oficinas españolas de turismo no exterior.
No calendario anual hai xa programadas outras seis viaxes de familiarización nas que participarán máis de 50 prescritores nos meses de setembro e outubro. Nestas viaxes promoverase, entre outros produtos desestacionalizadores, o termalismo galego coincidindo coa celebración de Termatalia do 24 ao 26 de setembro.





















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



