O Concello de Burela estará representado o vindeiro sábado, 12 de setembro, en Madrid no encontro da Supercopa de España que disputarán o Burela FSF Pescados Rubén e o Atlético de Madrid Navalcarnero. Asistirá por parte do Concello o edil de Deportes e primeiro tenente de alcalde, Ramiro Fernández. O partido será ás 17.00 horas en Navalcarnero.