Burela, 11 de setembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, mantivo encontros en Lugo coa xefa territorial de Educación e cos responsables provincias de Costas e de Fomento, cos que analizou diversas cuestións de interese para os veciños e as veciñas de Burela.
O rexedor relatou que este xoves “dediquei practicamente todo o día a facer visitas en Lugo a diferentes institucións e departamentos para falar de cuestións que nos importan en Burela. Por exemplo fun a Educación para entrevistarme coa xefa territorial, fundamentalmente porque agora hai unha modificación no comedor do colexio Vista Alegre. Pensamos que non se colaborou co Concello suficientemente porque non se informou puntualmente de como se estaban levando a cabo os trámites para este comedor. Nosoutros tíñamos e temos persoal que se está facendo cargo de momento do comedor e sen embargo nin a empresa nin a propia Xunta nos foi informando puntualmente do que tiña pensado facer con respecto a este tema. Tamén falamos sobre as obras que se están facendo no IES Perdouro e ademais comentamos como están as matrículas nos centros do noso concello, aspecto no que non hai ningún problema”.
Alfredo Llano visitou tamén ao responsable provincial de Costas “para abordar varios asuntos; un deles é unha cuestión que xa está en marcha, que é un monólito dedicado ao Cabo Burela que xa sabemos onde se vai colocar, que é no paseo marítimo e nel vai figurar unha lenda, unha rosa dos ventos e ademais a latitude e a lonxitude correspondente ao sitio exacto onde vamos situalo. Tamén estivemos falando sobre o mantemento que corresponde facer xa a partir de agora no paseo marítimo; entonces vamos facer varias obras e tamén imos rematar unha moi demandada na praia de Ril, que é nunha baixada na que hai para favorecer o acceso ao areal a discapacitados e a persoas maiores. Outra obra moi necesaria, sobre todo para cando hai inundacións por choivas torrenciais, está no paseo marítimo do Cantiño. Preocupa moito porque cando chove con forza ocorre sempre que aparte de estragar parte do paseo tamén crea problemas aos veciños dese lugar porque se acumula gran cantidade de auga, polo que temos que mirar unha fórmula para que iso non ocorra no futuro; é algo que xa vamos analizar concretamente para a semana que vén. E tamén no Cantiño houbo un derrube importante na praia, xa que caeu parte dunha parede do acantilado; isto preocupa e entón vamos analizar como está de estabilidade esa parte da praia do Cantiño”.
Alfredo Llano tamén mantivo unha xuntanza con responsables de Fomento “para interesarme sobre como van as obras nas estradas nacionais que pasan polo noso concello, como están os mantementos e as obras que se van facer no futuro. E sobre todo reclamei unha atención ao mantemento na parte da variante que pasa por Burela para mellorar as condicións desa estrada, sobre todo nas beiras, onde están as canalizacións e as cunetas, para favorecer que desaugue ben cando chove. E ademais vaise facer unha mellora substancial na variante á entrada ao concello de Burela”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



