Burela, 11 de setembro de 2015.- O Burela Pescados Rubén busca a conquista da Supercopa de España ante o actual campión, o Atlético Féminas Navalcarnero. Ambas escuadras disputan o encontro de volta tras un partido de ida que finalizou con empate a dous tantos. A igualdade é máxima entre ambos conxuntos que se coñecen á perfección malia os cambios en ambas escuadras. O pavillón da Estación será o escenario do clásico por excelencia da Primeira División Feminina. A partir das 17.00 horas comezará unha final que poderá seguirse en directo a través da emisión de vídeo por streaming con Paixón Media Comunicación a través do seguinte enlace: http://pasionmc.com/
O técnico burelés, Iván Cao, confía plenamente na conquista da Supercopa e ve ao seu equipo “moi concienciado para superar este desafío. Realizamos unha gran semana de preparación do partido e si somos capaces de mostrar o nivel de xogo do encontro de ida teremos moitas opcións de ser campioas aínda que para iso tamén debemos ser máis contundentes na definición”.
Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Eva, Bea Mateos, Maite, Peque, Shiori, Andrea, Gaby, Lara, Claudia, Ceci, Emma, Judith.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
