Burela, 14 de setembro de 2015. O programa de actividades da Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolverá en Burela do 16 ao 22 de setembro, foi presentado este luns. O lema desta edición é “Elixe, cambia, combina, a túa mobilidade”.
Durante esas xornadas haberá circuíto de karts no pavillón dos institutos, haberá paseos aos colexios, charlas-obradoiros e de educación vial, entre outras actividades. O sábado, 19 de setembro, terá lugar na praza da Mariña entre as 11.30 e as 13.00 horas Xadrez na rúa, de 13.00 a 14.00 horas no mesmo escenario haberá unha jam session e xa pola tarde de 17.30 a 18.30 horas taller de maquillaxe e globoflexia, impartido polas monitoras de Gaia.
O domingo, 20 de setembro, desde as 09.00 horas ata as 22.00 estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre as interseccións das rúas Curros Enríquez e Eijo Garay. Esa xornada haberá unha mesa informativa e recollida de alimentos a cargo de Mulleres en Igualdade; terá lugar a ruta Camiña por Burela, organizada por Pasada das Cabras e ás 13.00 horas na praza da Mariña terá lugar unha actuación da Coral Polifónica de Burela. Xa pola tarde haberá moitas actividades: Palillando na rúa, xogos deportivos ao aire libre, fútbol na rúa, talleres de manualidades e Dispara a gol, que é unha portería inchable de Burela FS e na que participarán os seus xogadores e xogadoras na praza do Concello. Ás 18.00 horas na praza da Mariña haberá unha merenda infantil patrocinada pola Acia de Burela, despois actuación de Batuko Tabanka, Aman e Rabentola.
As actividades da Semana da Mobilidade seguirán ata o 22 de setembro. O programa e o cartel foron presentados hoxe polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que estiveron acompañados polas monitoras de Gaia. O rexedor e a edil explicaron que “o que pretendemos é concienciar a toda a poboación, sobre todo aos máis pequenos, das consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche para o medio ambiente e para a saúde pública. E dos beneficios que teñen outros modos de transporte coma a bicicleta, as viaxes a pé ou mesmo o transporte público”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



