Mondoñedo, 14 de setembro de 2015.- O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, informa que este martes 15 de setembro ábrese o prazo de matrícula para o curso 2015/2016 na Escola de Música de Mondoñedo, e permanecerá aberto ata o 31 de outubro.
As especialidades que se impartirán neste curso serán as seguintes: Música e movemento para os máis pequenos de 4 a 7 anos, instrumentos de corda, instrumentos de vento, percusión,coro, banda e orquestra.
Os impresos de matrícula serán distribuídos durante estes días polos centros escolares de Mondoñedo. Para máis información, os interesados poden chamar aos seguintes teléfonos de contacto 607 423 721 e 677 838 812 ou na propia Escola de Música (Praza da Alcántara S/N, teléfono 982 50 73 85).
Festa de presentación do curso
Por outra banda, o mércores 16 de setembro, ás 19.30 horas, terá lugar a presentación con actividades musicais para todos os rapaces e a entrega de horarios.
O director da Escola de Música, Xan Carballal e o concelleiro de Educación, Alberto García, animan a matricularse no curso 2015/2016 e a participar nas actividades do mércores 16.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



