Ademais da ruta da fin de semana sendeirista que quedara pendente de xuño, a Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” organiza tamén outra camiñata neste mes de setembro: a Ruta do San Cosme da Montaña que os achegará ata a tan afamada romaría.
Os participantes xuntaranse ás 09.00 horas, do domingo 27 de xuño, no Cantón (distribuiranse nos coches, para completar as prazas e así evitar levalos medio baleiros); e dende alí desprazaranse ata diante da Catedral de Mondoñedo, onde está previsto o inicio da ruta arredor das 09.30 horas.
Despois de 12 kms de dificultade media, chegarán ó entorno do San Cosme, onde poderán desfrutar da xornada de romería e festa. A comida será por libre polo que cada un pode optar por levala da casa ou ben xantar nos postos que están situados para a festa (polbo, churrasco…).
Ás 17.00 horas, un autobús baixaraos de novo ata Mondoñedo onde teñen reservada unha visita guiada á Catedral e ao Museo. Finalmente, regresarán a Vilanova.
O prazo para anotarse remata o xoves, 24 de setembro. Todas aquelas persoas que o desexen poden facelo nos teléfonos: 669 68 59 02 (Sandra) ou 619 82 87 84 (Pura).
O custe desta camiñata é de 5€ para os socios e de 8€ para os non socios (inclúe o bus e o custe da visita guiada).






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



