Lugo, 17 de setembro de 2015.- A Deputación de Lugo en colaboración con Sogama poñerá en marcha un proxecto de compostaxe doméstica. A presidenta da institución, Elena Candia, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, mantiveron este xoves unha reunión durante as que trataron liñas de colaboración entre os dous organismos, entre a que destaca esta iniciativa que promoverá beneficios tantos aos propios veciños, coma aos Concellos, así como a nivel ambiental.
A presidenta da institución explicou que este proxecto, que se desenvolverá baixo a coordinación da Deputación de Lugo durante o 2016, contará cunha dotación orzamentaria de 20.000 euros, que sufragarán ao 50% a administración provincial e Sogama.
Candia engadiu que, como mostra da labor constante de apoio aos concellos, este proxecto sacarase adiante tamén en consenso con todos os municipios da provincia, tendo en conta que son as administracións locais as que se encargan de xeito directo da recollida dos residuos. Así, esta iniciativa poderá chegar a reducir o importe que deben pagar pola súa xestión.
A maiores, segundo explicou a presidenta da Deputación será necesario promover o interese dos veciños para que realicen compost cos residuos orgánicos que xeran e beneficiarse así das vantaxes que supón a compostaxe doméstica, entre outras a utilización de fertilizantes naturais. “Para sacar adiante este proxecto é necesario tanto a implicación dos lucenses como das entidades locais, ao seren os organismos de referencia en canto ao contacto directo cos veciños, os participantes do programa”.
O proxecto inclúe unha fase de difusión, así como outras de formación e de dotación dos medios materiais necesarios para o seguimento do proceso. Neste senso, a Deputación será a coordinadora, poñendo ao servizo dos concellos os medios para a posta en marcha e desenvolvemento desta iniciativa, mentres que Sogama achegará o material divulgativo.
Por último, é necesario destacar que a fabricación de compostaxe doméstica constitúe unha alternativa para a redución de lixo xerada na orixe, o que permitirá unha diminución dos custos de xestión e tratamento deles.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



