Viveiro, 19 de setembro de 2015.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
Varias persoas usuarias da piscina municipal , se teñen dirixido o noso grupo para comentarnos que cando pagan os 4,50 euros da entrada por usar a pisicna un día, non se lles entrega ningún ticket que justifique ese pago, aínda que algunhas destas persoas así o solicitaron expresamente.
Ante esta situación que consideramos como mínimo anómala e polo que lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcadesa:
1. Como se controla o acceso ó vaso da piscina a estas persoas usuarias dun día, pero que carecen de ticket que así o acredite?
2. Como se controla a recaudación por ese concepto?
3. A canto ascendeu dita recaudación no ano 2014 por ese concepto?
E no que vai de 2015?
4. Parecelles legal que unha empresa municipal cobre sin emitir a correspondiente xustificación?