Foz, 21 de setembro de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego súmase cunha moción no vindeiro pleno ás numerosas críticas e queixas existentes en Foz polo estado de abandono e absoluta falta de limpeza na que se atopa o concello e que ten un novo episodio na proliferación de vertedoiros incontrolados, o que evidencia a absoluta falta de preocupación polos problemas do día a día por parte do grupo de goberno. “Que os vertedoiros incontrolados sigan aí só amosa o desleixo da equipa de goberno, pois a solución a este tema non require de esforzos orzamentarios senón de racionalización e organización do traballo da brigada e de dirección política. Estamos certas de que a proliferación destes vertedoiros non é descoñecido para o Concello, nuns casos porque os propios veciños puxeron en coñecemento da equipa de goberno a súa existencia e noutros porque levan tempo de abondo e en lugares ben visíbeis”, afirman desde o BNG.
“Non deixa de resultar curioso que algúns destes vertedoiros incontrolados se sitúen naqueles puntos do Concello con máis atractivo turístico. Así atopámonos con eles por exemplo na parroquia de San Martiño, a 700 metros da Basílica, no Pico da Lebre, por onde pasa unha ruta de sendeirismo, na contorna do Prado de Ramos, en Vilaxoane, ao pe do Paseo do Masma. É evidente que non é este o xeito co que un demostra que quere Foz ou que coida Foz” indican as concelleiras nacionalistas, que na súa moción solicitan que se proceda a eliminar os vertedoiros incontrolados localizados en San Martiño (Ver) e no Pico da Lebre e, de repetirse esta situación, que coloque carteis neses puntos prohibindo os vertidos e informando sobre o Punto Limpo. Nesta liña demandan tamén que se sinalice correctamente a situación do Punto Limpo e se publicite, mediante a campaña Cuido Foz, quero Foz, o servizo de punto limpo móbil.
O Bloque Nacionalista Galego esixe na mesma moción que se obrigue ao cumprimento do establecido no o artigo 7 da ordenanza municipal de limpeza urbana, do 26 de agosto de 2008, e que aplique as sancións correspondentes para evitar que esta situación se repita no futuro ao mesmo tempo que solicitan sexan resoltas as demandas dos veciños que presentan reclamacións que non son atendidas. A proposta dos nacionalistas reclama que o Concello garanta o cumprimento da norma que obriga a que os propietarios sexan obrigados a manter os seus terreos ou inmóbeis nun estado de limpeza, ornato e hixiene, posto que o abandono dos mesmos resulta un prexuízo xa non para os colidantes senón para o interese xeral na medida que afecta á imaxe do pobo. “A lexislación obriga ao Concello a que solicite dos particulares a manter a súas propiedades en condicións, en caso contrario deberao executar o Concello a conta dos propietarios” rematan as nacionalistas.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



