Lugo, 23 de setembro de 2015.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, anunciou este mércores que os desempregados de longa duración con cargas familiares serán os destinatarios prioritarios de 18 accións formativas que se impartirán proximamente na provincia de Lugo.
“Estes cursos”, segundo explicou Raquel Arias en rolda de prensa, “enmárcanse dentro dunha nova orde que pon en marcha este ano a Consellería de Traballo e Benestar e que quere facer fincapé naquelas persoas nas que conflúe o feito de levar moito tempo sen atopar un emprego e teñen fillos ou outros familiares ao seu cargo”.
Estas accións formativas están deseñadas para que as persoas que teñan certa cualificación consigan unha formación máis axeitada ás necesidades do mercado e para que as persoas sen cualificación adquiran as competencias mínimas para mellorar a súa empregabilidade.
Segundo explicou a delegada territorial, para poder acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, os alumnos teñen que reunir uns requisitos formativos pero algúns non os cumpren, “o que lles impide beneficiarse precisamente daqueles cursos que lles permitirían obter os certificados de profesionalidade”.
Así, na programación aprobada ao abeiro desta orde inclúense, entre outros, cursos específicos de competencias clave, que básicamente se centran en comunicación de lingua castelá e galega e matemáticas, o que lles abrirá a porta aos certificados de profesionalidade.
A estes 18 cursos, hai que endadir os 105 que se están a impartir xa, programados ao abeiro da orde ordinaria de Accións Formativas para Desempregados da Consellería de Traballo e Benestar, dos que 22 estanse a desenvolver na Mariña. Unha decena deles están promovidos polos concellos, cinco polo de Burela; dous polo de Xove; outros dous polo de Cervo e un polo do Vicedo.
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en instalacións sociais é un dos cursos máis demandados polas las administración locais, aínda que tamén se están a desenvolver outros como dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil, socorrismo en espazos acuáticos naturais ou operación auxiliares de servizos administrativos e xerais.
Ademais, a asociación Cogami de A Mariña está a impartir outros dous cursos e seis accións formativas máis están promovidos por empresas. Instalación de mobles, marketing e compraventa internacional; montaxe e mantemento de instalación solares ou operación de grabación e tratamento de datos e documentos son algún dos contidos sobre os que versan.
Todos estes cursos, financiados pola Xunta, están promovidos por concellos, empresas e entidades sen ánimo de lucro. A maiores, a Consellería de Traballo e Benestar imparte 16 cursos máis nos seus centros propios, ubicados en Monforte, Lugo e Viveiro.
No caso deste último estanse a impartir os montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica; mecanizado por arranque de labra e creación e xestión de microempresas.
Importante esforzo inversor
“É evidente que o mercado de traballo é cada vez mais competitivo polo que se fai necesario que os demandantes de emprego reciclen os seus coñecementos e se formen en novas materias ou ámbitos laborais”, explicou a delegada. Desta maneira, “poderán aproveitar con suficientes garantías as novas oportunidades laborais que xurdan ”.
“As políticas activas de emprego da Xunta de Galicia son claras ao igual que a súa implicación e vontade de favorecer a reinserción laboral dos desempregados, entendendo que para acadar ese obxectivo un punto de partida básico é a formación. E proba dese empeño son os 123 cursos que se impartirán este ano na provincia de Lugo, dos que se beneficiarán preto de 2.000 persoas e que supoñen un investimento global de 5,3 millóns de euros”, engadiu Arias.
O obxectivo destes cursos de formación é a reorientación da traxectoria profesional das persoas desempregadas co fin de que dispoñan de máis opcións de acceso ao mercado laboral polo que o contido dos cursos ofertados é moi variada, así como a súa duración, que vai dende as 38 horas do curso de comunicación en lingua galega de nivel 2 ata as 828 horas que dura un curso de comercio e marketing, por exemplo.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



