Lugo, 23 de setembro de 2015.- O voceiro do Goberno da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, adiantou este mércores a moción que o Grupo Popular presenta para o seu debate no pleno do próximo martes e a través da que os populares propoñen que dende a administración provincial se estableza un programa de actividades propio en “homenaxe e recoñecemento ás Irmandades da Fala”, co gallo do centenario da súa fundación.
O voceiro dos populares defende a necesidade de que a Deputación de Lugo lidere esta iniciativa dada a importancia e peso que a provincia tivo dentro das Irmandades da Fala con agrupacións locais en Monforte de Lemos, Vilalba, Mondoñedo e Lugo. Amais, moitos dos seus membros máis salientables eran lucenses. Entre estes nomes, destacan, segundo citou Armesto, Antón Vilar Ponte (Viveiro); Ramón Vilar Ponte (Viveiro); Antonio Noriega Varela (Mondoñedo) e Luís Porteiro Garea (Lugo).
O deputado provincial e voceiro dos populares no Goberno agarda que no próximo pleno se logre a unión de todas as forzas políticas na defensa desta proposta e, deste xeito, se acade un acordo unánime para que a Deputación de Lugo estableza o programa de actividades conducentes a divulgar en toda a sociedade lucense o coñecemento do “encomiable labor desta organización”.
Armesto expuxo que As Irmandades da Fala “son merecedoras do respecto e do recoñecemento de todos os lucenses pola súa contribución impagable á defensa, exaltación e fomento da lingua e da cultura galegas”, polo que, e tendo en conta o espírito inclusivo e plural das Irmandades da Fala, “unha das mellores homenaxes que se lle pode facer é o da unión de todas as forzas políticas na defensa da lingua e no impulso ao seu recoñecemento”.
A moción presentada polos populares tamén solicita instar á Xunta de Galicia a que o vindeiro ano 2016 sexa declarado oficialmente como Ano das Irmandades da Fala, en coherencia co acordo unánime do conxunto das forzas políticas aprobado no Parlamento galego, “e que asumimos como propio”, explica Armesto.

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



