Santiago, 24 de setembro de 2015.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este xoves a decisión do Consello da Xunta de aprobar a licitación da primeira fase das obras de ampliación do hospital da Costa, en Burela, que suporán un investimento de 12,8 millóns de euros. O mandatario galego sinalou que se trata dunha actuación fundamental para a sanidade pública da Mariña, pero tamén para a sanidade pública de Galicia, porque con ela podemos dicir que fomos capaces de completar en plena crise o impulso de modernización das infraestruturas hospitalarias da Comunidade.
Segundo explicou, nos vindeiros días publicarase o concurso público para a redacción do proxecto e a execución das obras, cun prazo de 3 e 28 meses respectivamente, o que significa cumprir co compromiso adquirido pola Xunta de iniciar este procedemento en 2015. Polo tanto, engadiu que o proceso para ampliar este hospital cunha antigüidade de máis de 30 anos “xa non ten volta atrás”.
6.000 m² máis de superficie
Feijóo precisou que se ampliarán nun terzo as dimensións actuais do edificio, con 6.000 metros cadrados máis de superficie sobre os 17.600 cos que conta actualmente. E que se fará de forma compatible co funcionamento de todas as áreas actuais, garantindo a integración estética da nova construción co inmoble xa existente.
Nesta liña, na área de hospitalización practicamente duplicarase o espazo dos case 2.800 m² actuais a máis de 4.500, o que mellorará a confortabilidade dos pacientes, as circulacións e o traballo dos profesionais. Na área de consultas externas, indicou que se construirá unha nova zona ambulatoria que deixará espazo libre para futuras actuacións no centro. Pola súa banda, na área ambulatoria, estableceranse novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía menor. E, ademais, crearase un hospital de día médico para complementar o cirúrxico e a diálise.
O presidente galego subliñou que esta é unha actuación que era especialmente agardada e necesaria porque, dixo, urxe adaptar a principal infraestrutura sanitaria da Mariña luguesa á súa realidade e salvar as deficiencias evidentes que sofre desde hai tempo. Unha actuación fundamental para a sanidade pública galega e para a costa luguesa, agregou, que permite desbloquear unha ampliación necesaria para que esta área sanitaria poida dispoñer dun hospital público moderno e adaptado ás necesidades dos usuarios e dos profesionais desta zona.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



